Edimburgo (en inglés: Edinburgh; en gaélico escocés: Dùn Éideann) é a capital e segunda maior cidade de Escocia.

A cidade atópase na costa leste de Escocia á beira do estuario do Forth e na autoridade local da Cidade de Edimburgo. Edimburgo é capital de Escocia dende 1437 e é a sede do goberno escocés. A cidade foi un dos centros máis importantes da educación e cultura durante a Era de Ilustración, grazas á Universidade de Edimburgo. Os distritos, The Old Town e New Town, os cales forman parte do centro da cidade, foron nomeados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 1995. De acordo co censo do 2001, Edimburgo posúe unha poboación de aproximadamente 448.624 habitantes.

Edimburgo é famosa polo seu Festival, o maior conxunto de eventos en vivo do mundo. Durante o mes de agosto, cando se celebra, a poboación da cidade duplícase. Edimburgo é a segunda cidade máis visitada do Reino Unido despois de Londres con 13 millóns de visitantes ao ano.

Orixe do nome da cidade miniatura|esquerda|Edimburgo cara ao ano 1300. A orixe do nome da cidade crese que está no britónico Din Eidyn (Forte de Eidyn) dos tempos nos que unicamente era un forte gododdino. No século I os romanos documentaron que os votadinos eran unha tribo britónica local e no século XII o antigo poema Y Gododdin fala duns guerreiros facendo unha celebración no "gran salón de Eidin".

Despois de ser atacada e conquistada polos bernicianos anglosaxóns, o nome mudou para Edin-burh, o cal crese que deriva do anglosaxón e que significa "Forte de Edwin", posibelmente referíndose ao rei do século XII Edwin de Northumbria. Porén, como o nome é anterior ao rei Edwin, é moi improbábel que sexa certo. O elemento burgo é moi común entre os nomes de cidades escocesas e en todas as linguas xermánicas e denomina a unha clase de cidade caracterizada por crecer arredor dunha estrutura fortificada, como un forte ou un castelo. miniatura|dereita|Castelo de Edimburgo.

A primeira evidencia da existencia da cidade como entidade separada do forte aparece nunha proclama do século XII, que xeralmente crese que data do ano 1124, de David I de Escocia, na cal se lle outorga terreo á Igrexa da Holy Rood de Edimburgo. Isto suxire que a existencia oficial da cidade orixinouse entre os anos 1018 (cando o Rei Malcolm II asegurou a rexión de Lothians dos Northumbrianos) e 1124.

A proclama refírese aos receptores (en latín) como a "Ecclisie Sancte Crucis Edwin esburgensi". Isto podería indicar que a persoa que ditou a proclama cría que Edwin de Northumbria era a fonte orixinal do nome da cidade e derivou a latinización do que eles crían era o nome antigo. Tamén pode ser que daquela, antes do século XI, o nome se alterara para que incluíse un “w”. Se se dese o último caso, de todos os xeitos a cousa mudaría, pois na década dos anos setenta do século XII Guillerme I de Escocia empregaba o nome de "Edenesburch" nunha proclama (outra vez en latín) confirmando a doazón de 1124 por David I de Escocia.

Documentos do século XIV amosan que xa o nome se transformara na época actual, coa excepción de diferenzas ortográficas ("Edynburgh" e/ou "Edynburghe"), que sinxelamente eran xeitos comúns de pronunciación da época.

Outros nomes miniatura|dereita|250px|Imaxe do National Monument sobre o Calton Hill: unha das explicacións do alcume da'Atenas do Norte A cidade de Edimburgo é agarimosamente alcumada "Auld Reekie", que en escocés significa "Vella Cheminea". Isto é debido a que nos tempos nos que a leña e o carbón eran os únicos combustíbeis dispoñíbeis, todas as chemineas botaban grandes cantidades de fume ao ar. Auld Reekie tamén fai referencia ás terríbeis condicións sanitarias que causaban un mal cheiro en toda a cidade.

Edimburgo tamén é chamada “A Atenas do Norte” por moitas razóns. A primeira é pola súa semellante topografía, co Old Town de Edimburgo xogando o mesmo papel que a Acrópole. As dúas teñen terra chá e fértil que se inclina cara ao Porto a quilómetros de distancia. Aínda que esta clase de topografía é común no Sur de Europa, na Europa setentrional é algo raro. A época intelectual do século XVIII, ás veces referida como a Ilustración Escocesa, foi o punto clave en conseguirlle este alcume. Figuras ilustres como David Hume e Adam Smith viviron durante esta época. Ao perderen a súa importancia política, moitos agardaban que Edimburgo puidera ter un impacto semellante en Londres como o tivera Atenas con Roma. Outro factor importante foi a súa arquitectura neoclásica, particularmente a de William Henry Playfair e o Monumento Nacional de Edimburgo.

Aínda así, moita xente non estivo de acordo con este alcume, quedando como anécdota o que un escritor en broma dixera: “"¡Reiquiavik do Sur" sería máis axeitado!”

Edimburgo tamén é coñecida como "Dunedin", derivado do gaélico escocés, Dùn Èideann. Hoxe en día Dunedin en Nova Zelandia chámase así e é alcumada "O Edimburgo do Sur" pola súa semellanza coa cidade escocesa.

Os poetas escoceses Robert Burns e Robert Fergusson ás veces empregaron o nome en latín da cidade, "Edina", nalgunhas das súas obras. Ben Jonson describiuna como "o outro ollo de Bretaña" e Sir Walter Scott referiuse á cidade como "yon Empress of the North" (Afastada Emperatriz do Norte).

Algúns escoceses refírense informalmente á cidade como "Embra".

O centro miniatura|esquerda|280 px|Vista dos Xardíns de Princes Street na dirección ó Scott monument

O centro histórico de Edimburgo atópase dividido en dúas partes polos Princes Street Gardens. Cara ao sur dos xardíns atópase a zona antiga (Old Town), dominado polo castelo de Edimburgo, situado nun antigo cráter volcánico, o extinto Castle Rock. A rúa maior da zona antiga, a Royal Mile, descende costa abaixo cara ao leste até chegar ao pazo de Holyrood. Ao norte dos xardíns atópase a cidade nova (New Town). Os xardíns atópanse na antiga localización do pantano Nor' Loch, onde foron construídos en 1816.

Ao oeste do castelo atópase o distrito financeiro, que contén edificios bancarios e de seguros. Probabelmente o edificio máis engailante da zona sexa o Centro Internacional de Conferencias de Edimburgo, ou Edinburgh International Conference Centre co seu grande edificio circular feito en pedra de gra.

Old Town A zona antiga ou Old Town preservou a súa estrutura medieval e moitos dos edificios da Reforma protestante. Un extremo atópase pechado polo castelo e a arteria principal, pequenas rúas chamadas closes ou wynds camiñan outeiro abaixo aos dous lados da rúa principal en forma de encrucilladas. Na zona antiga da cidade pódense atopar grandes prazas que marcan lugares de importancia como a Catedral de Saint Giles e as cortes. Outros notábeis sitios de interese son o Museo Real de Escocia, o Surgeons' Hall, a Universidade de Edimburgo e numerosas rúas subterráneas, reliquias das antigas clases de construción. O plano urbano, típico de moitas cidades de Europa do Norte, é especialmente pintoresco en Edimburgo, onde o Castelo sobresae dende a pena, os restos dun tapón volcánico, e onde a rúa principal se desliza cara a abaixo dende un lado da pena. 300px|dereita|miniatura|Victoria Street na zona antiga

Por mor do espazo limitado que daba a estreita cola da pena, Old Town transformouse nunha das primeiras cidades con apartamentos ou edificios residenciais de varios andares, debido á norma imposta no século XV. Durante o século XIII a Old Town tiña unha poboación de aproximadamente 80 000 residentes. Porén, en tempos modernos declinou até os 4 000 habitantes. Hoxe en día na zona viven uns 20 000 habitantes. O número de edificios creceu enormemente debido á vacilación da xente en construír fóra da muralla. Traxicamente, moitos destes edificios foron destruídos polo Gran lume de 1824; a reconstrución da cidade produciu grandes mudanzas do nivel do terreo, o que levou a crear varias pasaxes e rúas por baixo da Old Town.

O 7 de decembro de 2002 outro gran lume tivo lugar na Old Town, consumindo parte da chamada Cowgate. Tamén destruíu o coñecido club de comedia The Gilded Balloon e gran parte do Departamento de Informática da Universidade de Edimburgo, incluíndo a biblioteca de IA (Intelixencia artificial).

New Town A New Town apareceu no século XVIII como solución ao problema de superpoboación que viña sufrindo o Old Town. Até aquel momento, a cidade crecera ao redor do outeiro do Castelo de Edimburgo. En 1766 púxose a concurso o deseño da nova cidade, gañado polo arquitecto de 22 anos James Craig. A súa idea era crear un plano ríxido e ordenado baseado nas ideas racionalistas do Século das Luces. A arteria principal era George Street, que segue a crista natural ao norte da vella cidade. A cada lado da George Street encóntranse outras dúas arterias importantes: Princes Street e máis Queen Street. Princes Street converteuse desde aquela na principal rúa comercial de Edimburgo e algúns edificios de arquitectura xeorxiana aínda sobreviven nela. Unindo estes tres eixos entre si trazáronse unha serie de rúas perpendiculares. Ao leste e oeste de George Street áchanse respectivamente as prazas de St Andrew's square e máis Charlotte square. Esta última foi deseñada por Robert Adam e está considerada como un dos máis belos exemplos de arquitectura xeorxiana de Gran Bretaña. A residencia oficial do primeiro ministro de Escocia, Bute House, resulta visíbel no lado norte de Charlotte square. miniatura|dereita|400px|Imaxe da National Gallery of Scotland, situada sobre o Mound visto desde o sur en dirección a Princes Street Entre a Old Town e a New Town encontrábase o Nor'Loch, que servía antano de abastecemento de auga e de vertedoiro. Foi drenado na década de 1820. Algúns planos amosan que se proxectara unha canle, mais no canto dela creáronse os xardíns de Princes Street. O exceso de terra derivado da construción dos edificios encheu unha parte do pequeno val formado polo río, creando así The Mound, que é a explanada onde se achan desde aquela a National Gallery of Scotland e máis a Royal Scottish Academy. Os túneles dirixidos á próxima estación de Waverley pasan por debaixo do Mound.

O éxito da nova cidade foi tal que o seu crecemento foi enorme. Porén, o plano deseñado non se mantivo, co cal se estabeleceu unha disposición máis pintoresca das rúas nos barrios.

Panoramas 200px|miniatura|esquerda|Vista de Princes Street desde Calton Hill A topografía da cidade presenta varios outeiros que permiten contemplar amplos panoramas de Edimburgo e dos seus arredores.

Ao sueste do centro da cidade sobresae Arthur’s seat (a cadeira de Artur ou quizais a cadeira do arqueiro). Érguese por riba do pazo de Holyrood e da cidade vella (Old Town), moi próxima. Este crag é un conxunto de chemineas volcánicas do principal volcán sobre o cal está construída Edimburgo. O volcán está afundido e envorcado sobre un lado, o cal deixa os outeiros como puntos máis elevados en varios quilómetros á redonda. Arthur’s seat fai parte do Parque de Holyrood, nas súas orixes propiedade do monarca á vez que parte de Pazo de Holyrood. Constitúe un dos lugares de interese científico en materia xeolóxica do Reino Unido (Site of special scientific interest, ou SSSI en inglés). Arthur’s Seat e o parque de Holyrood fornecen unha vista de toda a rexión de Edimburgo, así como unha zona de esparexemento especialmente apreciada polos habitantes da cidade.

centro|miniatura|700px|A zona antiga, Southside e Arthur's seat desde o monumento a Nelson en Calton Hill Ao nordeste, alzándose no centro da cidade, encóntrase Calton Hill. No seu cumio érguense diferentes edificios, entre eles dous observatorios, unha torre en lembranza de Horatio Nelson, a Royal High School (que no seu tempo acolleu o parlamento) e o National Monument, cuxo modelo é o Partenón de Atenas, mais está inacabado. O alcume Atenas do Norte dado a Edimburgo vén deste monumento, entre outros motivos. Calton Hill abeira as festividades de Beltane cada primeiro de maio.

Blackford Hill é a terceira e máis meridional das elevacións da cidade.