Enya, pseudónimo de Eithne Pádraigín Ní Bhraonáin, nada o 17 de maio de 1961 no condado de Donegal (Dún na n'Gall), é unha cantante irlandesa.

Traxectoria Iniciouse na carreira musical cun grupo de música celta chamado Clannad, que significa "Familia". Pertencente a unha familia de músicos, en 1982 uniuse a Nicky e Roma Ryan coa intención de compor bandas sonoras para películas: a primeira encarga importante foi para o documental británico The Celts; aínda que o éxito chegou da man de Watermark, que sentou o esquema xeral que ían seguir todos os seus discos. Dende 1987, a cantante compón e produce as súas propias obras.

Xunto a algúns temas instrumentais, acostuman ter un oco as cancións na súa lingua materna, o irlandés, e ás veces en latín. Así mesmo, ten cancións en galés, español, as linguas imaxinarias de O Señor dos Aneis ou o xaponés. Mais a lingua maioritaria é o inglés.

Nos seus discos podemos encontrar música con piano ou melodías atomizadas. As súas gravacións son a base de superposición de voces modificadas con sintetizadores.

Discografía The Frog Prince (1985) Enya (1987) Watermark (1988) Shepherd Moons (1991) The Celts (1992, reedición de Enya) The Memory of Trees (1995) Paint the sky with stars: The best of Enya (1997) A Day Without Rain (2000) The Lord of The Rings (Part I): as cancións "The Fellowship of the Ring" e "May It Be" (2001). Amarantine (21 de novembro de 2005) And Winter Came... (2008) Dark Sky Island (2015)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Cantantes de Irlanda Categoría:Compositores de Irlanda Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Gaoth Dobhair Categoría:Cantantes en lingua irlandesa Categoría:Cantantes en lingua latina