Xosé Caveda y Nava, nado en Villaviciosa en 1796 e finado en Xixón en 1882, foi un escritor asturiano, un dos iniciadores da escrita en lingua asturiana.
Traxectoria Fillo de Francisco de Paula Caveda y Solares, amigo de Gaspar Melchor de Jovellanos. Membro da Xunta Xeral do Principado de Asturias en 1834, cando desaparece substituída pola deputación provincial). Militou no Partido Moderado e foi deputado en Cortes en 1837.
Escribiu unha Memoria histórica sobre la Junta General del Principado (1834) e Colección de poesías en dialecto asturiano (1839) que foi o primeiro libro impreso en asturiano, unha escolma de poesía, con algunhas propias que se vai converter no modelo literario para os escritores en asturiano do século XIX, e a imaxe rural que reflectiu nas súas obras converteuse nun tópico, a súa visión do asturiano como unha forma de castelán antigo que non evolucionara.
Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Nados en Villaviciosa, Asturias Categoría:Nados en 1796 Categoría:Finados en 1882 Categoría:Deputados nas Cortes Españolas Categoría:Académicos da Real Academia da Historia