Eduardo Gonçalves de Andrade (25 de xaneiro de 1947, Belo Horizonte), coñecido mundialmente como Tostão, é un futbolista brasileiro.

Como a maioría de xogadores brasileiros, tivo un alcume dende case o comezo da súa carreira. Este foi Tostão, a pequena moeda. Intelixentísimo no seu xogo e letal encarando ós gardametas, é o máximo goleador da historia do Cruzeiro, pese á súa retirada con só 26 anos. No Mundial de Fútbol México 1970, formou un equipo letal con Pelé. Nese campionato alzouse co título mundial e formou parte do considerado mellor equipo da historia, con xenios como o propio Tostão, Pelé, Jairzinho, Gérson ou Rivelino.

Xusto antes dese torneo sufriu un desprendemento de retina por mor dun balonazo. A súa participación foi dúbida ata última hora, mais conseguiu recuperarse a tempo. Esta mesma mancadura provocou o seu retiro do fútbol pouco despois, á idade de 26 anos.

Abandonou totalmente o fútbol, rexeitando invitacións para comentar encontros ou mesmo adestrar, dedicándose por completo á súa profesión de médico. Ó fin, a mediados dos anos 90, volveu á escena pública como xornalista de deportes.

Categoría:Nados en Belo Horizonte Categoría:Nados en 1947 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do América Mineiro FC Categoría:Xogadores do Cruzeiro EC Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial