El Libredón foi un diario católico-tradicionalista que se publicou en Santiago de Compostela entre 1875 e 1887.
Historia e características Subtitulado Periódico católico, político e literario, veu substituír a El Porvenir. Fundado por Andrés Rey Varela e polo editor José María Paredes, en cuxos obradoiros tipográficos se imprimiu na primeira etapa. Axiña pasou a ser o seu propietario e director Antonio Toledo Quintela ata a súa morte en abril de 1885. Na primeira etapa tivo como redactores a Juan Barcia Caballero, Manuel Barja Cerdeira, Santiago López Mosquera e Alfredo Brañas.
Segunda época Subtitulado Periódico católico, converteuse nun periódico clerical, no que só aparecían noticias relacionadas coa Igrexa. Editábase na imprenta do Seminario. Cesou en 1883.
Terceira época Reapareceu en 1885, coa dirección de Alfredo Brañas ata o 1 de xaneiro de 1887. Os redactores eran Constante Amor e Hermenegildo Calvelo e entre os colaboradores estiveron Juan Barcia Caballero, Salvador Cabeza de León, Antonio López Ferreiro e Ramón Segade Campoamor. Durante o tempo en que Brañas foi director, o xornal sumouse a posicións claramente rexionalistas. O último director foi Hermenegildo Calvelo. Cesou o 20 de marzo de 1887 por dificultades económicas. Foi substituído por El Pensamiento Gallego, xa de carácter claramente carlista.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Libredón Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1875 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:Prensa católica