Marcus Morris, nado o 2 de setembro de 1989 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou na Universidade para os Kansas Jayhawks. É o irmán xemelgo de Markieff Morris, tamén xogador profesional.
Traxectoria O 23 de xuño de 2011, Morris foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets, unha posición por detrás do seu irmán Markieff Morris.
O 21 de febreiro de 2013, Morris foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2013, reuníndose así co seu irmán Markieff.Suns Acquire Marcus Morris
O 9 de xullo de 2015, Morris foi traspasado xunto a Reggie Bullock e Danny Granger ós Detroit Pistons a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.
O 7 de xullo de 2017, Morris foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Avery Bradley e unha elección da segunda rolda do Draft de 2019.
O 16 de xullo de 2019, Morris asinou cos New York Knicks.
O 6 de febreiro de 2020, os Knicks traspasaron a Morris ós Los Angeles Clippers nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Maurice Harkless ós Knicks, a Jerome Robinson ós Washington Wizards, e a Isaiah Thomas ós Clippers.
O 1 de novembro de 2023, os Philadelphia 76ers adquiriron a Morris xunto a Nicolas Batum, Kenyon Martin Jr. e Robert Covington, a cambio de James Harden, P.J. Tucker e Filip Petrušev.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers