Os Brumbies, antes coñecidos como ACT Brumbies e oficialmente por motivos de patrocinio Plus500 Brumbies, son un equipo profesional de rugby australiano con sede en Camberra, no Territorio da Capital Australiana (ACT). O nome do club provén dos cabalos salvaxes do mesmo nome que habitan no interior da capital. Alén do Terriorio da Capital, o equipo representa á zona meridional do estado de Nova Gales do Sur. O equipo foi fundado no ano 1996 para dar ao país un terceiro equipo no Super 12 (hoxe Super Rugby).

Os primeiros xogadores dos Brumbies foron os que reixeitaron os outros dous equipos, polo que se consideraba que o rendemento non ía ser bo. Porén, desde a súa fundación é o equipo australiano con máis éxitos, conseguindo máis éxitos que o resto de equipos do país xuntos. Os Brumbies xogan con uniformes de cores azul, branca e dourada. O seu estadio local é o Canberra Stadium, actualmente coñecido por motivos de patrocinio como GIO Stadium. O recinto ten capacidade para 25.011 espectadores.

Estadio Os ACT Brumbies xogan os seus encontros como locais no Canberra Stadium (Bruce Stadium no pasado) da capital australiana. O estadio foi inaugurado en 1977 e ten capacidade para acoller 25 011 persoas nas bancadas. Os Brumbies comparten este recinto deportivo cos Canberra Raiders da NRL.

Elenco Os seguintes son os xogadores dos Brumbies para o Super Rugby de 2020.

Brumbies (Super Rugby)Piliers Allan Alaalatoa Leslie Leulua’iali’i-Makin Harrison Lloyd Tom Ross Scott Sio James Slipper Shambeckler Vui

Talonadores Folau Fainga'a Lachlan Lonergan Connal McInerney

Segunda liña Murray Douglas Blake Enever Nick Frost Cadeyrn Neville Darcy SwainTerceira liña Jahrome Brown Tom Cusack Lachlan McCaffrey Will Miller Pete Samu Rob Valetini

Medios-melé Issak Fines Ryan Lonergan Joe Powell

Aperturas Bayley Kuenzle Noah Lolesio Reesjan PasitoaCentros Len Ikitau Tevita Kuridrani Guy Porter Irae Simone Tom Wright

Ás Solomone Kata Andy Muirhead Toni Pulu

Zagueiros Tom Banks Mack Hansen (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Traxectoria 270px|miniatura|dereita|Stephen Larkham, retirado no ano 2007. 270px|miniatura|dereita|Canberra Stadium, fogar dos Brumbies. A traxectoria dos Brumbies sempre foi das mais exitosas do Super Rugby ata que tivo lugar a retirada de Stephen Larkham e George Gregan no ano 2007. Os Brumbies contan con 2 campionatos (2001 e 2004) e 3 subcampionatos (1997, 2000 e 2002) no seu palmarés. TempadaXogadosGañadosEmpatesDerrotasPUNTOSTemp.RegularPlayOffs2016 201516907476º(caeu nas semifinais fronte ós Hurricanes)2014161006454º(caeu nas semifinais fronte ós Waratahs)2013161024602º(caeu na final fronte ós Chiefs)2012161006587º20111641113313º201013805376º200913805387º200813607309º200713904405º200613814386º200511515295º200411803401ºCAMPIÓN (fronte ós Crusaders)200311605314º(caeu nas semifinais fronte ós Blues)200211704383º(caeu na final fronte ós Crusaders)200111803401ºCAMPIÓN (fronte ós Sharks)200011902451º(caeu na final fronte ós Crusaders)199911506285º1998113081810º199711803412º(caeu na final fronte ós Blues)199611704325º

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Super Rugby Ligazóns externas Páxina oficial dos Brumbies

Categoría:Equipos de rugby de Australia