miniatura|A Columna de Nelson arredor de 1830. A Columna de Nelson, Colún Nelson (en irlandés) ou Nelson Pillar (en inglés), coñecida frecuentemente en Dublín como Nelson's Pillar ou simplemente The Pillar, foi un piar coroado por unha estatua de Horatio Nelson que estaba situado no medio da actual O'Connell Street, en Dublín. O monumento foi erguido en 1808 e foi destruído por unha bomba en 1966.Maurice Craig (1969), Dublin 1660-1860, Allen Figgis, Dublín Crese que o atentado foi obra do Exército Republicano Irlandés (IRA), aínda que a policía non puido identificar a ningún dos responsables.

Descrición O monumento era unha columna dórica de 36,9 metros de alto e coroada por unha estatua de Horatio Nelson de catro metros de altura de pedra de Portland realizada polo escultor de Cork Thomas Kirk, dándolle unha altura total de 40,9 metros (10,7 metros menos que a Nelson's Collumn de Londres). O diámetro da columna era de 4 metros no seu extremo inferior e de 3 na parte superior.Patrick Henchy (1949), Nelson's Pillar, Dublin Historical Record, Volume X, no. 2

Tódalas partes visibles da columna eran de granito de Kilbride, Condado de Wicklow. O interior era de calcaria negra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Horatio Nelson

Ligazóns externas RTÉ - Scannal - Nelson's Pillar: The Day They Blew It Up

Categoría:Dublín