Naruto Shippūden 5: Blood Prison (劇場版 NARUTO-ナルト- ブラッド・プリズン Gekijōban Naruto: Buraddo Purizun) é un filme de animación xaponés dirixido por Masahiko Murata que se estreou no 2011. É o oitavo filme do anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto. O tema oficial do filme é a canción "Otakebi" de Yusuke Kamiji.
Sinopse Despois de ser capturado polo intento de asasinato ó líder de Kumogakure, o Raikage, e o asasinato de varios Jonin de Kirigakure e Iwagakure, Naruto é encarcerado nunha instalación de contención penal tamén coñecida como a prisión de sangue. O capitán do castelo, Mui, emprega o jutsu de prisión máxima para roubar o poder dos prisioneiros. A batalla para demostrar a súa inocencia e descubrir a verdade comeza para Naruto e os seus amigos.
Véxase tamén Outros artigos Naruto the Movie: Ninja Clash in the Land of Snow Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom Naruto: Shippūden the Movie Naruto Shippūden 2: Bonds Naruto Shippūden 3: Inheritors of the Will of Fire Naruto Shippūden 4: The Lost Tower
Categoría:Filmes de Naruto Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón