François Chau, nado o 26 de outubro de 1959 en Phnom Penh é un actor camboxano. É coñecido polo seu papel do doutor Pierre Chang na serie de televisión Lost, e de Shredder en Teenage Mutant Ninja Turtles II: The Secret of the Ooze.
Chau naceu en Phnom Penh, Camboxa, de ascendencia chinesa e vietnamita. Interpretou a Koo Yin, un cónsul chinés na serie 24. Tamén interpreta a un diplomático chinés en Stargate SG-1. Chau tamén apareceu en The Adventures of Brisco County Jr., The Unit, NUMB3RS, ER, Baywatch, Alias, Shark, Grey's Anatomy, JAG, Medium, G.I. Joe, Lost, Inside the Twin Towers.
Véxase tamén
Categoría:Actores de Camboxa Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Phnom Penh Categoría:Estadounidenses de ascendencia vietnamita Categoría:Estadounidenses de ascendencia chinesa