Matthew Rhys Evans , nado o 8 de novembro de 1974 en Cardiff, é un actor galés coñecido por interpretar a Kevin Walker na serie de televisión estadounidense Brothers & Sisters, e Dylan Thomas en The Edge of Love.
Traxectoria Fillo de Glyn Evans, un director de colexio, e Helen Evans, unha mestra de educación especial. Medrou en Cardiff, xunto coa súa irmá máis vella Rachel Evans, que é agora unha xornalista da BBC. Rhys foi educado en galés no Ysgol Gynradd Gymraeg Melin Gruffydd, e no Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf. Con dezasete anos, logo de interpretar a Elvis Presley nun musical do colexio, foi aceptado na Royal Academy of Dramatic Art en Londres.
O 8 de agosto de 2008 foi nomeado polo Welsh National Eisteddfod como membro da orde druídica do Gorsedd of the Bards pola súa contribución á lingua galesa e a Gales. O seu nome bardo no Gorsedd é Matthew Tâf.
Rhys ten moi boa amizade co tamén actor Ioan Gruffudd.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas2010Patagonia2008The Edge of Love|Dylan Thomas
|2007 |Virgin TerritoryConde Dzerzhinsky2006Love and Other Disasters|Peter Simon
|2006–2011 |Brothers & SistersKevin Walker(serie de televisión) 109 episodios2004Fakers|Nick Edwards
|2003 |Columbo Likes the NightlifeJustin Price2003Y Mabinogi|Lleu Llaw Gyffes |(voz) |- |2002 |DeathwatchCpl. Doc Fairweather2002The Abduction Club|James Strang
|2002 |Shooters |Eddie
|2001 |The Lost World |Edward Malone
|2001 |Very Annie MaryNob2000A History of Britain| |Serie de televisión (voz) |- |1999 |TitusDemetrius1999Whatever Happened to Harold Smith?|Ray Smith
|1998 |Elizabeth
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb Biografía
Categoría:Actores de cinema de Gales Categoría:Actores de teatro de Gales Categoría:Actores de televisión de Gales Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Cardiff