Akari (あかり, en xaponés, Luz), denominado ASTRO-F antes do lanzamento e inicialmente denominado IRIS (InfraRed Imaging Surveyor), foi un observatorio espacial xaponés no infravermello pertencente á JAXA. Foi lanzado o 21 de febreiro de 2006 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).

Características Akari foi deseñado para observar no espectro infrraroxo. Para iso usa un telescopio Ritchey-Chretien cunha apertura de 67 centímetros e unha lonxitude focal de 420 centímetros. O espello primario é de carburo de silicio cun recubrimento de ouro. Leva dous instrumentos no plano focal arrefecidos a unha temperatura de 6 Kelvin mediante 170 litros de helio líquido. A cantidade de helio estaba calculada para durar 550 días de observacións.

Os dous instrumentos do plano focal son:

FIS (Far-Infrared Surveyor, explorador do infravermello distante): está deseñado para facer unha exploración completa do ceo no infravermello distante. O intrumento leva dous detectores formados por fotoconductores que usan semicondutores (xermanio e galio). Cada detector usa filtros, polo que en total o instrumento ten catro bandas de observación: de 50 a 80, de 60 a 110, de 110 a 180 e de 140 a 180 µm. O FIS tamén se usa para observacións dirixidas para a detección de obxectos febles ou para facer espectroscopía mediante un espectrómetro de transformada de Fourier. IRC (InfraRed Camera, cámara infravermella): está composta por tres sístemas independentes. Unha avantaxa da IRC é que pode observar un campo de 10 minutos de arco cadrados grazas ó uso de matrices de gran formato (512x412 para NIR e 256x256 para MIR). Cada cámara pode seleccionar unha banda concreta de observación grazas ó uso de filtros, ademais de poder realizar observacións espectroscópicas mediante prismas e reixas. As tres cámaras que compoñen a IRC son: NIR: é unha cámara que observa no infravermello próximo, entre 1,5 e 5,5 µm. MIR: observa no rango entre 5,8 e 14,1 µm. MIR-L: para as lonxitudes de onda entre 12,4 e 26,5 µm.

Resultados Formación estelar de tres xeracións na nebulosa IC4954/4955, na constelación de Vulpecula. Primeira detección no infravermello dun remanente de supernova na Pequena Nube de Magalhães. Detección de perda de masa de estrelas xigantes roxas relativamente novas no cúmulo globular NGC 104. A constelación de Orión e a Vía Láctea a 140 µm. Rexións de formación estelar na constelación de Cygnus.

Notas

Véxase tamén Outros artigos M-V

Categoría:Satélites artificiais do Xapón