Os tarahumaras ou rarámuris son un pobo nativo de México especialmente coñecidos pola súa grande habilidade como corredores de longa distancia. Orixinalmente habitaron en case todo o estado de Chihuahua, mais retiráronse ás serras altas como Serra Madre Occidental coa chegada dos españois no século XVI.Pennington, Campbell W. (1963) The Tarahumar of Mexico, their environment and material culture. Universuty of Utah Press. A área de Serra Madre Occidental que habitan no presente é chamada tamén Serra Tarahumara por mor da súa presenza.

A maioría dos tarahumaras viven aínda segundo o estilo tradicional, habitando en refuxios naturais como covas ou cantís, así como pequenas cabanas de madeira ou pedra. Os cultivos básicos son o millo e os feixóns; porén, moitos tarahumaras aínda practican a transhumancia, criando vacas, cabras e ovellas.

A lingua tarahumara pertence á familia das linguas uto-aztecas. Malia que o seu uso está a descender pola presión da lingua castelá, aínda é falada pola maioría.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tarahumara.com.mx

Categoría:Pobos indíxenas de México