miniatura|250px|A casa dos McCormick. A Rebelión de Irlanda Nova de 1848, tamén chamada Rebelión da Fame ou Batalla de Ballingarry, foi un errado levantamento nacionalista irlandés liderado polo movemento Irlanda Nova.

Características Tivo lugar o 29 de xullo de 1848 en Ballingarry, no Condado de Tipperary. Tras varios días de revoltas e protestas, os rebeldes perseguiron unha unidade da Royal Irish Constabulary ata que estes tomaron unha casa (a granxa de McCormick, declarada en 2004 Monumento Nacional), iniciándose un tiroteo de varias horas que culminou coa fuxida dos sublevados tras a chegada de inxentes reforzos policiais.

A maioría dos líderes da revolta foron desterrados á Terra de Van Diemen, hoxe Tasmania. Porén, o levantamento serviu de inspiración a outras sublevacións posteriores contra os británicos.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Granxa dos McCormick, The Farmine Warhouse 1848

Categoría:Historia de Irlanda Categoría:Nacionalismo irlandés Categoría:1848 Categoría:Rebelións