miniatura|Karra Elejalde (o primeiro pola dereita) na presentación da película A esmorga. Carlos Elejalde Garai, coñecido como Karra Elejalde, nado en Vitoria en 1960 é un actor, director de cinema e guionista vasco.
Traxectoria Viviu ata os 14 anos en Leintz-Gatzaga (Guipúscoa). Empezou a estudar para ser electricista e durante a súa etapa de formación profesional cursou estudos dramáticos e de interpretación no Campus Molinuevo (Vitoria). Tamén cursou estudos de pintura e escultura en Mendizabala de Vitoria. A súa traxectoria polifacética abrangue proxectos como a fundación de grupos de teatro ou escribir letras de cancións para conxuntos de rock vasco como Hertzainak ou Korroskada.
Durante o servizo militar coñeceu o actor Toño Sampedro, quen lle propuxo incorporarse á compañía La Farándula, e debutou no espectáculo Adiós, hasta huevo, no que interpretou once personaxes. Participou no teatro vasco independente en compañías como Grupo Samaniego, Klacatrak e Ttipi-Ttapa teatro, en espectáculos como a triloxía de monólogos Etc, Etc... (1988), La Kabra tira al monte (1997) e La Kabra y Miss Yoe's (2006). En 1987 debutou no cinema coa longametraxe A los cuatro vientos. Deuse a coñecer da man dos cineastas Juanma Bajo Ulloa e Julio Medem. Como guionista e director preparou os filmes Torapia (2004) e Año mariano (1999), esta última en colaboración con Fernando Guillén Cuervo.
Participou en Airbag, La ardilla roja ou A esmorga (interpretando o personaxe do Bocas). Acadou o Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria pola dupla interpretación de Cristovo Colón e o actor que o interpreta, Antón, un home enfermo e alcohólico. En 2014 volveu gañar o Goya na mesma categoría por Ocho apellidos vascos, de Emilio Martínez-Lázaro. Taién participou en Mientras dure la guerra, de Alejandro Amenábar, interpretando o papel de Miguel de Unamuno (2019).
Vida persoal Estivo casado coa actriz Sílvia Bel, con quen ten unha filla, Ainara.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2012Mellor actor secundarioInvasorNomeado2014Mellor actorA esmorgaNomeado
En decembro de 2022 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España. Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1960 Categoría:Directores de cinema do País Vasco