Martin Lewis Perl, nado o 24 de xuño de 1927 en Nova York e finado o 30 de setembro de 2014, foi un físico estadounidense, gañador en 1995 do Premio Nobel de Física polo descubrimento do tauón.
Traxectoria Os seus pais foron inmigrantes xudeus aos Estados Unidos desde unha zona polonesa de Rusia. Perl graduouse en 1948 no Instituto Politécnico de Brooklyn (agora coñecido como Polytechnic University) en Brooklyn, e recibiu o seu Ph.D. da Universidade de Columbia en 1955. Pasou a súa carreira na Universidade de Míchigan e no Stanford Linear Accelerator Center (SLAC).
Véxase tamén Ligazóns externas Nobel autobiography . The discovery of the tau lepton .
Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Finados en 2014 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia