, tamén escrito coma 119951 (), é un obxecto trans-neptuniano (TNO) que reside dentro do cinto de Kuiper. Foi descuberto o 17 de maio do ano 2002 por Michael E. Brown e Chad Trujillo.
Ten un eixo semi-maior, un período orbital, e unha excentricidade orbital moi semellantes ás dun plutino. Os períodos orbitais dos plutinos andan polos 247,2 anos (1,5 x período orbital Neptuno). Pero non está clasificado coma plutino dende que se sabe que non está en resonancia con Neptuno e de que posiblemente se formase na súa actual órbita que é case completamente circular e que está practicamente sobre a eclíptica. Posiblemente se mantivese nunha órbita dinamicamente fría (é dicir, sen alteracións) e que non fose directamente perturbada por Neptuno na súa migración cara a fora durante a formación do Sistema Solar. O programa Deep Ecliptic Survey (DES) clasifícao actualmente coma un cubewano baseándose na integración da súa órbita para un rango de 10 millóns de anos.
Ficheiro:2002KX14-orbit.png
Ven de estar hai pouco en oposición cunha magnitude aparente de 20,4.} Isto fai del que sexa 360 menos brillante cá Plutón.(5th root of 100)^(20.4-14=363)
upright=2|miniatura|none|A evolución comparada do eixo semi-maior Plutón (rosa) e (azul).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris (119951) 2002 KX14 Precovery Images
Categoría:Candidatos a planeta anano Categoría:Cubewanos