Norris Gene Cole II, nado o 13 de outubro de 1988 en Dayton, Ohio, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Osos de Manatí do Baloncesto Superior Nacional (BSN).
Traxectoria NBA Cole foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Chicago Bulls. Foi traspasado pouco despois aos Miami Heat. O 25 de decembro de 2011 fixo o seu debut coma xogador dos Heat contra os Dallas Mavericks.
O 19 de febreiro de 2015, Cole foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre os Heat, os Pelicans e os Phoenix Suns.
O 1 de marzo de 2017, Cole asinou cos Oklahoma City Thunder. En 13 partidos cos Thunder, acadou 3.3 puntos e 1.1 asistencias en 9.6 minutos por encontro.
Europa O 15 de agosto de 2017, Cole asinou un contrato dun ano co Maccabi Tel Aviv BC israelí.
O 17 de agosto de 2018, Cole asinou por unha tempada co Sidigas Avellino da Lega Basket Serie A italiana. O 21 de decembro de 2018, Cole deixou o Avellino debido a dificultades económicas.
O 21 de decembro de 2018, Cole asinou ata final de tempada co KK Budućnost Podgorica da ABA Liga e da Euroliga.
O 11 de novembro de 2019, Cole asinou un contrato dun ano co AS Monaco Basket da LNB Pro A francesa.
O 3 de xuño de 2020, Cole asinou co ASVEL Basket da LNB Pro A.
O 19 de agosto de 2021, Cole asinou unha tempada co CB Málaga da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Dayton, Ohio Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do SS Felice Scandone Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica Categoría:Xogadores do AS Monaco Basket Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do JL Bourg-en-Bresse Categoría:Xogadores dos Atléticos de San Germán Categoría:Xogadores dos Leones de Ponce Categoría:Xogadores dos Osos de Manatí