Applications Technology Satellite 3 ou ATS 3 é un satélite artificial xeoestacionario dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 5 de novembro de 1967 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos. A NASA proclama que é o satélite de comunicacións activo máis antigo.SP-4217 Beyond the Ionosphere - Chapter 6
Características ATS-3 levaba a bordo 11 experimentos, dos cales 8 eran experimentos de enxeñería relacionados con navegación, comunicacións e o control e operación de naves e equipamento. Dous dos outros experimentos eran experimentos de obtención de imaxes para producir imaxes diúrnas en tempo real da atmosfera terrestre. Os experimentos restantes a investigacións ionosféricas.
O satélite tiña forma de cilindro de 180 cm de altura e 142 cm de diámetro. A alimentación eléctrica era proporcionada por dous paneis solares e dúas baterías recargables de níquel-cadmio.
Resultados O satélite serviu como enlace en operacións de rescate, incluíndo o terremoto de México de 1985 e a erupción do Monte Santa Helena en 1980.Pae, Peter, "Satellites' Longevity Limits Sales", Los Angeles Times, 1 de decembro de 2008, p. C1.
miniatura|Formacións nubosas fotografiadas durante o 3 de abril de 1974 polo ATS 3. Nos anos 1970 o satélite foi usado para fotografar a cuberta nubosa, en especial furacáns en formación no hemisferio occidental. Baixáronse 1200 fotos, aproximadamente unha cada 25 minutos, e da parte diúrna.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Applications Technology Satellite 1 Applications Technology Satellite 2 Applications Technology Satellite 4 Applications Technology Satellite 5 Applications Technology Satellite 6
Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América