María Dolores González Lorenzo, coñecida tamén como María Gándara e Lola Gándara, nada en Celanova en 1942, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil, directora de teatro, guionista de programas infantís de televisión e mestra de educación secundaria e bacharelato coa especialidades de Lingua castelá e literatura.
Traxectoria Despois de rematar a carreira de Dereito, comezou a dedicarse á docencia decidindo estudar Filoloxía Hispánica. Foi profesora de Lingua Castelá e Literatura en varios centros de ensino secundario en Galicia, especialmente en Vigo e a súa área metropolitana. Comezou a súa carreira literaria escribindo primeiro en galego ata que en 1994 comezou a escribir tamén en castelán e traducir as súas obras a este idioma.
Durante varios anos dirixiu unha compañía de teatro infantil e participou en varios proxectos dramáticos cos que obtivo diversos premios. Tamén exerceu coma guionista para programas de televisión e participou en diversas iniciativas teatrais. Boa parte da súa obra foi traducida ao catalán e ao éuscaro.
Características temáticas e de estilo A súa narrativa para a xente nova caracterízase polo tema histórico, especialmente situada na Antiga Roma (en Una aguja envenenada -durante o goberno de Tiberio-, A escura luz do Tíber -no reinado do emperador Nerón- e Guárdate de los Idus -nos últimos anos da República Romana), así como no século XVI inglés (en Los gavilanes rojos) e no século XVI español (en El robo de la perla). Todas elas son novelas que destacan a tensa atmosfera e o rigor histórico combinada con tramas que mestura a acción con ingredientes de suspense.
Por outro lado, outras das súas obras destacan polo seu ton realista, como Brumas de octubre ou Alexandra. Ámbalas dúas teñen protagonistas mozos e retratan o ambiente escolar, familiar e do grupo de iguais, que busca transmitir valores positivos nos lectores e lectoras adolescentes aos que vai dirixida esta novela.
Nun grupo moi desatacado da súa narrativa están os libros escritos en galego e dirixidos ao público máis infantil, que non foron traducidos ao español. Aí estarían Smerling: na tea de araña, Conxurados e Os mornias.
Apenas fixo unha incursión na narrativa para adultos coa novela histórica Magog (1997), ambientada no antigo Reino de Galicia, durante o século XII, e asinada co nome de María Gándara.
Obras En galego
Literatura infantil e xuvenil
Os Mornias (1993). Xerais. 104 páxs. Ilustracións de Magdalena Padial. ISBN 978-84-9782-228-2. Como Lola González. Conxurados (1993). SM, O Barco de Vapor. 125 páxs. ISBN 84-348-4676-4. Como Lola González. Alexandra (1999). Rodeira. 168 páxs. Como Lola Gándara, Tradución de Lola González Lorenzo. En castelán, Alegandra, Edebé, 2005. A escura luz do Tíber (2000). Edebé. 216 páxs. ISBN 978-8423675289. Como Lola Gándara. Smerling: na tea da araña (2013). Rodeira. 200 páxs. ISBN 978-8483493649. Como Lola Gándara.
Narrativa para adultos Magog (1997). Xerais. 214 páxs. ISBN 978-8483021903. Como María Gándara.
En castelán Brumas de octubre (1994). SM. 160 páxs. ISBN. Como Lola Gándara.
Guárdate de los Idus (1995). SM. 168 páxs. ISBN 9788434847439. Como Lola González. Los gavilanes rojos (2000). SM. 178 páxs. ISBN 978-8434871144. Como Lola Gándara. El robo de la perla (2002). SM. ISBN 978-8434888685. Como Lola Gándara. Una aguja envenenada (2004). Alfaguara. 96 páxs. ISBN 9788420444567. Como Lola Gándara. 99 trucos de supervivencia en el cole (2014). Lola González e Manu Carbajo. Montena. 256 páxs. ISBN 9788490432891.
Premios e recoñecementos 1992: Premio Merlín de Literatura Infantil por Os Mornias."1986, o nacemento, fomentar a creación literaria para público infantil"
1993: Accésit do Premio O barco de Vapor pola novela Conxurados. 1993: Premio do Teatro Profesional Camiño de Santiago con Nocturno de dragón (en colaboración con Bruno Bernardo). 1994: Premio do Teatro Profesional Camiño de Santiago con Ultreias 1994: Premio Gran Angular pola novela Brumas de octubre. 1997: Premio García Barrios pola novela Magog. 2000: Lista de honor del CCEI por Alexandra. Vida persoal Casou con Antonio Bernardo Rubio.Morreunos ToñeteEsta morte
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Celanova Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Nados en 1942 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Gañadores do Premio García Barros