Justin Scott Hartley, nado o 29 de xaneiro de 1977 en Knoxville, Illinois, é un actor, escritor e director de cine estadounidense. É coñecido por interpretar a "Fox Crane" na serie de televisión Passions e a "Oliver Queen/Green Arrow" en Smallville.

Traxectoria É o segundo de catro fillos e medrou en Orland Park, Illinois, co seu irmán máis vello Nathan e as súas irmás máis novas Megan e Alexandra. Foi un bo xogador de baloncesto e tamén xogou ó fútbol e ó béisbol na escola secundaria de Carl Sandburg. Hartley estudou na Universidade do sueste de Illinois e na Universidade de Illinois en Chicago, onde se graduou en teatro e historia.

Filmografía Filmes Ano Filme Personaxe Notas 2005 Race You to the Bottom Joe 2007 Spellbound Danny Telefilme 2008 Austin Golden Hour Rhett Clark Telefilme Red Canyon Tom Telefilme 2009 Spring Breakdown Todd A Way with Murder Ted Rawlings Megafault Dan Lane Telefilme Smallville: Absolute Justice Oliver Queen/Green Arrow Telefilme Televisión Ano Título Personaxe Notas 2002–2006 Passions Fox Crane Protagonista 2006 AquamanArthur Curry 2007 CSI: NY Elliot Bevins "Heart of Glass" Cold Case Mike Delaney "Justice" 2006–2011 Smallville Oliver Queen / Green Arrow Oitenta e dous episodios

Véxase tamén

Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Alumnos da Universidade de Illinois Chicago