The Haunting é un filme de terror estadounidense dirixido por Jan de Bont que se estreou en 1999. É un remake do filme de (1963) The Haunting. Ámbolos dous filmes están baseados na novela de Shirley Jackson The Haunting of Hill House.
Sinopse Dende que foi construída hai 130 anos, a casa do outeiro, un edificio gótico e tenebroso, érguese solitaria e rodeada de múltiples lendas e rumores que falan sobre mortes tráxicas. Intrigado polo pasado da mansión, o Dr. David Marlow forma un equipo con outras tres persoas: Theo, unha muller enérxica e entusiasta, Nell, unha muller sensible que acaba de escapar do control familiar, e Luke Sannerson, o cínico do grupo, para ir á deshabitada casa e realizar un estudo sobre a natureza do medo.
Personaxes Liam Neeson como Doutor David Marrow Catherine Zeta-Jones como Theo Owen Wilson como Luke Sanderson Lili Taylor como Eleanor "Nell" Vance Marian Seldes como Mrs. Dudley Bruce Dern como Mr. Dudley Alix Koromzay como Mary Lambetta Todd Field como Todd Hackett Virginia Madsen como Jane Vance Charles Gunning como Hugh Crain
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmafinity
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts