A Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico é un proxecto da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nacido en 2001 co obxectivo de crear catro grandes centros de referencia nas catro provincias galegas para pór en valor e dotar de recursos científicos, didácticos e turísticos os diferentes espazos arqueolóxicos espallados por todo o territorio. Parques Dentro deste proxecto, están a crearse os seguintes centros, un en cada unha das provincias: En Pontevedra, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, localizado no Campo Lameiro e dirixido á conservación e divulgación da arte rupestre. Este centro inaugurouse o 6 de xullo de 2011.. En Ourense, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, situado no Castro de San Cibrao de Las, entre San Amaro e Punxín; é un centro dirixido ó mundo castrexo. Inaugurouse o 8 de marzo de 2014.. Na Coruña, o Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, centro de interpretación do megalitismo. En outubro de 2023 a Deputación da Coruña reservou 200.000 euros para a posta en marcha do proxecto.. En Lugo o proxecto inclúe un centro sobre o mundo galaico-romano.

En tódolos casos preténdese construír un centro de interpretación dotado coa infraestrutura necesaria para focaliza-la investigación relacionada con cada momento histórico, pero sen esquece-los aspectos didácticos e turísticos destas instalacións.

Véxase tamén Ligazóns externas Web do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. Web do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa .

Notas

Categoría:Arqueoloxía en Galicia

Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes