miniatura|Concellos do PAMCM en laranxa:a maior concentración, Vimianzo, en vermello miniatura|Dolmen de Dombate. miniatura|O dolmen de Dombate en 2009. O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte (PAMCM) é un dos catro parques que constitúen o proxecto da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Comprenderá a construción dun centro de interpretación e actuacións sobre numerosos enclaves megalíticos distribuídos en 11 concellos da Costa da Morte (Cabana, A Laracha, Carballo, Laxe, Dumbría, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo, Zas e Coristanco).

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Monumentos integrantes XacementoParroquiaConcelloImaxePedra Moura de AldemundeAldemundeCarballocentro|senmarcoFornela dos MourosNandeLaxecentro|senmarcoPedra da Arca ou dolmen de CerquedaCerquedaMalpica de Bergantiñoscentro|senmarcoMina da ParxubeiraEirónMazaricoscentro|senmarcoArca do RabósBaíñasVimianzoArquiña de VilasecoCastreloVimianzoCasota de FreánsBerdoiasVimianzocentro|senmarcoDolmen de Pedra Moura de Monte CarneoTreosVimianzoDolmen de Pedra CubertaTreosVimianzocentro|senmarcoDolmen de Pedra da LebreSerramoVimianzocentro|senmarcoMina de RecesindesCarantoñaVimianzoPedra da Arca ou Casa das MourasBaíñas / OlveiraVimianzo / Dumbríacentro|senmarcoArca da PiosaBaíñas / Santa Sía de RomaVimianzo / Zascentro|senmarcoPedra VixíaLamasZas

Historia O 6 de febreiro de 2003 o Consello da Xunta daba o visto e prace ao proxecto, cun investimento previsto de 4,5 millóns de euros. En outubro de 2007 a Consellaría de Cultura anunciaba a súa intención de mercar 15 dolmens para este proxecto. O 12 de xullo de 2011 aprobábase no Diario Oficial de Galicia a súa Declaración de Impacto Ambiental. En 2014, uns traballos de reforestación danaron a Arquiña de Vilaseco ante o abandono deste proxecto por parte da administración autonómica. En outubro de 2023 a Deputación da Coruña reservou unha partida de 200.000 euros para comenzalo proxecto. .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dolmen

Ligazóns externas Turismo da Deputación de A Coruña (páxina do proxecto) Declaración de Impacto Ambiental (DOG de 12.07.2011)

Categoría:Costa da Morte Categoría:Cabana de Bergantiños