A 96.ª edición do Tour de Francia, disputada dende o 4 ó 26 de xullo de 2009, estivo composta por 21 etapas nas que se percorreron un total de 3.459 km, incluíndo 93 km de contra o reloxo. A saída da carreira tivo lugar en Mónaco, e a chegada foi como sempre en París.
A chamada Grande Boucle visitou nesta edición un total de seis países: Mónaco, Francia, España, Andorra, Suíza e Italia (por orde cronolóxica).Os números do Tour 2009 na páxina de Eurosport
As novidades no Tour do 2009 foron a subida ó Mont Ventoux na penúltima etapa (substituíndo á tradicional contra o reloxo por unha xornada de alta montaña), a prohibición de empregar sistemas electrónicos de comunicación entre os ciclistas e os coches dos directores (o cal provocou a protesta dos equipos), e a recuperación da contra o reloxo por equipos.
O gañador final do Tour de Francia foi Alberto Contador. Nas outras clasificacións secundarias impuxéronse Franco Pellizotti (montaña e combatividade), Andy Schleck (mozos), Thor Hushovd (puntos) e Astana (equipos). O corredor que acadou un maior número de vitorias de etapa foi Mark Cavendish con 6 vitorias, todas elas ó sprint.
Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1ª 4 de xullo Mónaco–Mónaco 16px|Etapa de media montaña 15,5 (CRI) Fabian Cancellara Fabian Cancellara 2ª 5 de xullo Mónaco–Brignoles 187 Mark Cavendish Fabian Cancellara 3ª 6 de xullo Marsella–La Grande-Motte 196,5 Mark Cavendish Fabian Cancellara 4ª 7 de xullo Montpellier–Montpellier 39,5 (CRE) Astana Fabian Cancellara 5ª 8 de xullo Cap d'Agde–Perpiñán 196,5 Thomas Voeckler Fabian Cancellara 6ª 9 de xullo Xirona–Barcelona 181,5 Thor Hushovd Fabian Cancellara 7ª 10 de xullo Barcelona–Ordino-Arcalís 16px|Etapa de montaña 224 Brice Feillu Rinaldo Nocentini 8ª 11 de xullo Andorra la Vella–Saint-Girons 16px|Etapa de montaña 176 Luis León Sánchez Rinaldo Nocentini 9ª 12 de xullo Saint-Gaudens–Tarbes 16px|Etapa de media montaña 160,5 Pierrick Fédrigo Rinaldo Nocentini 10ª 14 de xullo Limoges–Issoudun 194,5 Mark Cavendish Rinaldo Nocentini 11ª 15 de xullo Vatan–Saint-Fargeau 192 Mark Cavendish Rinaldo Nocentini 12ª 16 de xullo Tonnerre–Vittel 211,5 Nicki Sørensen Rinaldo Nocentini 13ª 17 de xullo Vittel-Colmar 16px|Etapa de media montaña 200 Heinrich Haussler Rinaldo Nocentini 14ª 18 de xullo Colmar–Besanzón 199 Serguei Ivanov Rinaldo Nocentini 15ª 19 de xullo Pontarlier–Verbier 16px|Etapa de montaña 207,5 Alberto Contador Alberto Contador 16ª 21 de xullo Martigny–Bourg-Saint-Maurice 16px|Etapa de montaña 159 Sandy Casar Alberto Contador 17ª 22 de xullo Bourg-Saint-Maurice–Le Grand-Bornand 16px|Etapa de montaña 169 Frank Schleck Alberto Contador 18ª 23 de xulloAnnecy–Annecy 40,5 (CRI) Alberto Contador Alberto Contador 19ª 24 de xullo Bourgoin-Jallieu–Aubenas 178 Mark Cavendish Alberto Contador 20ª 25 de xullo Montélimar–Mont Ventoux 16px|Etapa de montaña 167 Juan Manuel Gárate Alberto Contador 21ª 26 de xullo Montereau-Fault-Yonne–París 164 Mark Cavendish Alberto Contador
Clasificación Xeral miniatura|350px|Alberto Contador, co maillot amarelo chegando a París na derradeira etapa do Tour 2009. A clasificación xeral rematou do seguinte xeito:Clasificacións finais oficiais do Tour de Francia 2009 PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Alberto Contador Astana 85h 48' 30″ 2 Andy Schleck Team Saxo Bank + 4' 11" 3 Lance Armstrong Astana + 5' 24" 4 Bradley Wiggins Garmin-Slipstream + 6' 01" 5 Frank Schleck Team Saxo Bank + 6' 04" 6 Andreas Klöden Astana + 6' 42" 7 Vincenzo Nibali Liquigas + 7' 35″ 8 Christian Vande Velde Garmin-Slipstream + 12' 04″ 9 Roman Kreuziger Liquigas + 14' 16″ 10 Christophe Le Mével Française des Jeux + 14' 25″
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Tour de Francia 2009 Outros artigos Giro de Italia 2009 Vuelta a España 2009
Categoría:Tour de Francia Categoría:Ciclismo en 2009