miniatura|250px|Interior da FC Botiga situada no Camp Nou miniatura|250px|Vista da FC Botiga situada no Camp Nou A FCBotiga é a tenda oficial do Futbol Club Barcelona. A tenda principal, chamada FCBotiga Megastore, situada na mesma chaira do Camp Nou, foi reinaugurada en xaneiro de 2003 logo dun forte investimento económico para mellorar o aspecto, a funcionalidade e o espazo. Nos seus máis de 2.000 m² pódense atopar máis de 3.000 produtos varios do Futbol Club Barcelona. O récord de visitantes nun día foi o 23 de maio de 2009 con 21.200 visitas. A facturación en 2008 foi de 30 millóns de euros.

Datos técnicos Superficie: 2000 m² Planta 0: Produtos FCB Nike e fútbol Planta -1: Calzado e téxtil, estampacións, licenzas FCB, taller de fotografías, taller de vidas e lambetadas. Número de caixas: 19 Empregados: 25 Visitantes anuais: 1 500 000 Localización: Accesos 7 e 9 do Camp Nou Teléfono e fax: 93 409 02 71 - 93 490 69 26 Horarios: De luns a sábado, de 10 a 19 horas. Domingos e festivos, de 10.30 a 14.30 horas.

Tendas oficiais Actualmente hai 12 tendas en Cataluña, unha en Gran Canaria e o club está pensando en abrir dúas en Nova York e Pequín.

Barcelona FCBotiga Sagrada Família FCBotiga Centre Comercial Maremàgnum FCBotiga Ronda Universitat/Plaça Catalunya FCBotiga Jaume I FCBotiga Aeroporto de Barcelona FCBotiga Estación de Barcelona-Sants

Cataluña Lloret de Mar (Paseo marítimo) Platja d'Aro La Jonquera

Outras As Palmas de Gran Canaria (Centre Comercial Las Arenas)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Tenda Online Páxina oficial da FCBotiga na web do FC Barcelona

Categoría:Instalacións do FC Barcelona