Jarno Laasala, nado o 19 de setembro de 1979 en Seinäjoki, é un actor finés de cinema e televisión.
Traxectoria É coñecido por ser un actor e dobre de acción da serie de televisión finesa Les Dudesons, o equivalente en Finlandia da serie estadounidense Jackass. Os seus compañeiros en Les Dudesons son Jukka Hilden, Jarno "Jarppi" Leppälä e Hannu-Pekka Parviainen.
De neno era un apaixonado dos videoxogos, polo que mesmo chegou a acadar o segundo posto no campionato nacional de Super Mario Bros (Nintendo) en Finlandia no ano 1992.
Filmografía Televisión Maailmankiertue (2001–2003) Duudsoni Elämää (2004) The Dudesons (2006–) Piilokamerapäälliköt (2008) The Dudesons in America (2010)
Filmes The Dudesons Movie (2006) Bam Margera Presents: Where the ♯$&% Is Santa? (2008) Jackass 3D (2010)
Véxase tamén Ligazóns externas MTV- Jarno
Categoría:Actores de Finlandia Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Seinäjoki