Applications Technology Satellite 5 ou ATS 5 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 12 de agosto de 1969 mediante un foguete Atlas SLV-3C Centaur D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características ATS-5 probou diferentes tecnoloxías relacionadas coas comunicacións e a observación da Terra. Tamén levaba experimentos sobre partículas e campos eléctricos e magnéticos.

Debido a un problema co satélite, o sistema de estabilización por gradente gravitatorio non se desplegou e a nave quedou estabilizada mediante xiro, a unhas 71 revolucións por minuto, afectando negativamente ós experimentos que necesitaban a estabilización por gradiente. A misión foi declarada infrutuosa, aínda que algúns dos experimentos proporcionaron datos útiles.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Applications Technology Satellite 1 Applications Technology Satellite 2 Applications Technology Satellite 3 Applications Technology Satellite 4 Applications Technology Satellite 6

Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América