Nelson Antonio Haedo Valdez, nado en Caaguazú o 28 de novembro de 1983, é un futbolista paraguaio. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Al Jazira Club.

Traxectoria Formouse coma xuvenil no Primero de Mayo e no Club Atlético Tembetary, equipos do seu país de orixe. No ano 2000, pasou ao primeiro equipo do Tembetary, e fichou polo Werder Bremen no ano 2001. Pasou as dúas primeiras tempadas no equipo reserva. O 14 de setembro de 2004, debutou na UEFA Champions League nun partido contra o Inter de Milán.

En maio de 2006, asinou por 4 anos co Borussia Dortmund, onde coincidiría na tempada 2009-10, co seu compañeiro de selección Lucas Barrios. O derradeiro gol de Valdez co Borussia foi no empate por 1-1 contra o TSG 1899 Hoffenheim o 18 de abril de 2010.

En agosto de 2010, Valdez asinou un contrato por 3 anos co Hércules CF tras rexeitar ofertas de Rusia. Valdez converteuse na fichaxe máis cara da historia do Hércules, sendo traspasado por 3.5 millóns de euros. Rematou a súa primeira tempada co Hércules con 8 goles en 25 partidos, mentres que o equipo rematou 19º e descendeu á Liga Adelante.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados no departamento de Caaguazú Categoría:Futbolistas de Paraguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Werder Bremen Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do FC Rubin Kazan Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Al-Jazira Club Categoría:Xogadores do Olympiacos FC Categoría:Paraguaios de ascendencia vasca