João de Sousa Carvalho, nado o 22 de febreiro de 1745 en Estremoz (Portugal) e finado no Alentexo contra o 1798, foi un compositor e profesor portugués.
Vida João de Sousa Carvalho naceu en Estremoz en 1745, fillo de Paulo de Carvalho e de Ana Maria Angélica. Dende o 28 de outubro de 1753 estudou en Vila Viçosa, no colexio dos Santos Reis Magos, e a partir de 1761 no Conservatorio di S. Onofrio de Nápoles con Carlo Cotumacci. En 1766 a súa obra La Nitteti (con libreto de Pietro Metastasio) foi interpretada en Roma. En 1767 volveu a Portugal, e o 22 de novembro dese mesmo ano adheriuse á Irmandade de Sta. Cecília en Lisboa, foi nomeado profesor de contrapunto do Seminario da Patriarcal, onde máis tarde exerceu como mestre entre 1769 e 1773, e mestre de capela entre 1773 e 1798. Entre os seus alumnos destacaron António Leal Moreira, João José Baldi, e o célebre compositor de ópera Marcos Portugal. En 1778 converteuse en profesor de música da familia real portuguesa substituíndo a Davide Perez no cargo. Ao finalizar o seu servizo, retirouse nunha propiedade que tiña no Alentexo, onde morreu contra o ano 1798.
Carvalho foi o compositor máis importante da súa xeración e un dos máis importantes na historia da música do seu país. A súa numerosa obra sacra foi escrita no estilo de Niccolò Jommelli. A súa ópera seria, e as súas serenatas, foron realizadas nos pazos reais de Ajuda e de Queluz.
Obra L’amore industrioso, 1769 (revived 1943, 1967) Eumene (dramma serio per musica), 1773 L’Angelica (serenata), 1778 Perseo (serenata), 1779 Testoride argonauta (dramma), 1780 (revived 1987) Seleuco, re di Siria (dramma), 1781 Everardo II, re di Lituania (dramma), 1782 Penelope nella partenza da Sparta (dramma per musica), 1782 L’Endimione (dramma per musica), 1783 Tomiri (dramma per musica), 1783 Adrasto, re degli Argivi (dramma per musica), 1784 Nettuno ed Egle (favola pastorale), 1785 Alcione (dramma per musica), 1787 Numa Pompilio II, re dei romani (serenata), 1789 Te Deum, 1769, 1789, 1792
Bibliografía Robert Stevenson/Manuel Carlos de Brito: Carvalho, João de Sousa, Grove Music Online ed. L. Macy, http://www.grovemusic.com Manuel Carlos de Brito: Opera in Portugal in the Eighteenth Century (Cambridge, 1989)
Categoría:Nados en 1745 Categoría:Nados en Estremoz Categoría:Finados en 1798 Categoría:Compositores de Portugal Categoría:Compositores de ópera