Emil Anton Bundesmann, nado en San Diego (California) o 30 de xuño de 1906 e finado en Berlín o 29 de abril de 1967, foi un actor e director de cine estadounidense coñecido como Anthony Mann.

Traxectoria O seu pai, Emile Theodore Bundsmann, era un emigrante austríaco, e a súa nai Bertha Waxelbaum (apelido orixinal: Weichselbaum), proviña dunha familia xudía de Macon, Xeorxia.

Comezou a súa carreira de actor en Nova York, en salas pequenas do Off-Broadway. No 1938 trasladouse a Hollywood e en 1942 comezou a traballar como asistente de dirección. Comezou a sobresaír en Hollywood ó destacar no cinema negro clásico con filmes como He Walked by Night (1948), Railroaded!, T-Men e Raw Deal.

Tamén recibiu un significativo éxito no xénero western, especialmente nunha serie de colaboracións con James Stewart: Winchester '73, Far Horizons, The Naked Spur, The Far Country, O home de Laramie e O home do Oeste con Gary Cooper, considerado por moitos críticos como a súa obra mestra.

Os anos 60 centrouse en facer dúas grandes producións épicas co produtor Samuel Bronston: El Cid (1961) e A caída do Imperio Romano (1964).

Estivo casado con Sara Montiel, coa que traballou en Serenade xunto con outras estrelas como Joan Fontaine, Mario Lanza e Vincent Price. Polo seu traballo ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood no 6229 de Hollywood Boulevard.

Filmografía Dr. Broadway (1942) Moonlight in Havana (1942) Nobody's Darling (1943) My Best Gal (1944) Strangers in the Night (1944) Sing Your Way Home (1945) O gran Flamarion (1945) Two O'Clock Courage (1945) Strange Impersonation (1946) The Bamboo Blonde (1946) T-Men (1947) Railroaded! (1947) Desperate (1947) He Walked by Night (1948) — director xunto con Alfred L. Werker Raw Deal (1948) Border Incident (1949) Reign of Terror (1949) Follow Me Quietly (1949) — director xunto con Richard Fleischer The Furies (1950) Winchester '73 (1950) Side Street (1950) Devil's Doorway (1950) The Tall Target (1951) Horizontes distantes (1953) Thunder Bay (1953) The Naked Spur (1953) The Glenn Miller Story (1954) The Far Country (1954) The Last Frontier (1955) O home de Laramie (1955) Strategic Air Command (1955) Serenade (1956) The Tin Star (1957) Men in War (1957) — tamén produtor O home do Oeste (1958) God's Little Acre (1958) Cimarron (1960) El Cid (1961) A caída do Imperio Romano (1964) The Heroes of Telemark (1965) Sentencia para un dandi (1968) — tamén produtor

Véxase tamén

Ligazóns externas www.sensesofcinema.com

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Paseo da Fama de Hollywood