Sofia Vladimirovna Vassilieva, nada o 22 de outubro de 1992 en Minneapolis, Minnesota, é unha actriz estadounidense de ascendencia rusa.

Traxectoria É filla da doutora Larissa Vassilieva, bióloga, e o doutor Vladimir Vassiliev, físico, ámbolos dous inmigrantes rusos procedentes de Novosibirsk. Sofia é recoñecida internacionalmente por interpretar a "Eloise" na serie de filmes de mesmo nome, baseados nun libro infantil. Tamén é famosa polo papel de "Ariel", na serie de televisión Medium. En 2009, estreou o filme A decisión de Anna, xunto con Cameron Diaz e Abigail Breslin.

Fala ruso, francés e inglés de xeito fluído.

Filmografía miniatura|dereita|Vassilieva con Cameron Diaz e Abigail Breslin nos Premios MTV do ano 2009. Ano Título Personaxe Notas 2001 The Agency Elena The Brady Bunch in the White House Cindy Brady Telefilme 2003 Eloise at the Plaza Eloise Eloise at Christmastime Inhabited Gina Russell 2005 -2011 Medium Ariel Dubois 2007 Day Zero Mara 2008 Hurt Sarah Parsons 2009 A decisión de Anna Kate Fitzgerald 2010 Stand Up to Cancer Ela mesma (Televisión) 2011 Law & Order: SVU Sarah Walsh 'True Believers' (tempada 13, episodio 6)

Notas

Categoría:Actores de Minnesota Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota