miniatura|dereita|Diagrama dunha bolsa de suicidio. Unha bolsa de suicidio, chamada tamén bolsa de saída, é un dispositivo que consiste nunha bolsa de plástico cun cordón, utilizado para efectuar suicidios.
Características
En xeral, úsase xunto cun gas inerte, como o helio ou o nitróxeno, o que evita o pánico, a sensación de afogamento e a loita, mesmo en estado de inconsciencia (resposta de alarma hipercápnica), causados pola privación de osíxeno en presenza de dióxido de carbono. Tamén fai que o método de suididio sexa difícil de descubrir se a bolsa e a lata de gas son retirados antes de chegar a morte.
Menciónase por primeira vez no libro de Derek Humphry Final Exit (1991), onde se describe como unha bolsa de plástico resistente e transparente, cunhas dimensións de 22 X 36 polgadas (560 X 910 mm), que se coloca na cabeza e se asegura "cunha cinta pequena, que se amarra ao redor do colo e se suxeita con velcro nos extremos, ou unha cinta grosa, que se amarra ao redor do colo con velcro cosido nos extremos, ou mesmo [con] lazos que se poidan amarrar con facilidade. Cunha goma elástica grande ou uns pantis ligados ao redor do colo firmemente, pero sen apertar, é suficiente. Non ten que ser completamente hermética". Notas
Categoría:Máquinas Categoría:Suicidio