Richard Strauss, nado en Múnic o 11 de xuño de 1864 e finado en Garmisch-Partenkirchen, Baviera, o 8 de setembro de 1949, foi un director de orquestra e compositor alemán de música clásica, particularmente salientable polos seus poemas sinfónicos, óperas e lieder. A súa longa traxectoria abrangue dende o romanticismo serodio até a metade do século XX. Membro dunha familia de grandes intérpretes e compositores vieneses, Richard Strauss, o polifonista moderno máis importante, é un caso sobranceiro na historia da música, tanto pola influencia exercida sobre os seus contemporáneos, como pola autonomía dunha obra sen fendas nin descontinuidades. Strauss tivo sobre todo dous referentes musicais, Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Wagner, e no seu traballo ámbalas dúas figuras loitaron pola posesión da súa ánima artística. Declarouse de conviccións ateas.

Traxectoria 1864-1894 Mocidade en Múnic Formación musical Franz Strauss (1822-1905) abriuse camiño dende orixes humildes a través do seu talento musical. En 1847, Franz entrou na orquestra do Ópera da Corte de Múnic, e conseguiu converterse no primeiro trompa durante 42 anos.Matthew Boyden: Richard Strauss Era considerado como un dos mellores do seu tempo neste instrumento. O 29 de agosto de 1863, con corenta e un anos, casou con Josephine Pschorr (1838-1910), de 25 anos e filla dun adiñeirado empresario cervexeiro local. A parella mudouse á casa dos Pschorr, en Múnic, onde naceu Richard Georg Strauss o 11 de xuño de 1864. A segunda filla, Berta Johann, naceu en 1867.

A nai era amable e sensible, e o pai tiña unha personalidade dominante, temperamental e un chisco tiránica, seguramente polas dificultades que viviu como fillo ilexítimo e pola desgraza persoal que padeceu coa morte da súa primeira muller e dous fillos por mor dun contaxio de cólera. Franz inculcou ó seu fillo o aprecio pola dilixencia e o aforro, e tamén precisas habilidades musicais e o amor ós clásicos: Mozart (sobre todo); a familia Strauss era como unha escola musical. Ó mozo Strauss gustáballe camiñar co seu pai para escoitar como tocaba a banda no cambio de garda en Marienplatz. De volta para casa asubiaba as melodías que sentira. Con catro anos, o seu primeiro mestre de piano foi o arpista da corte August Tombo. En 1869, múdanse de casa, dende Altheimer Eck, a carón da fábrica da súa nai, a Neuhauserstrasse. Nesta época compuxo as súas primeiras obras: Schneiderpolka (A polca do xastre) e Weihnachtslied (Canción de Nadal). Tamén á idade de seis anos vi á escola da catedral e comeza a estudar violín con Benno Walter, curmán do seu pai e concertista na orquestra da corte. miniatura|esquerda|Ludwig Thuille, con quen Strauss mantivo unha longa amizade e correspondencia. miniatura|esquerda|Alexander Ritter introduciu Richard Wagner a Strauss. No ano 1871 escoita as primeiras óperas: Der Freischütz e Die Zauberflöte. Na sala Odeón de Muúnic intervén no coro de nenos en Tannhäuser. Coñece a Ludwig Thuille, cando Pauline Nagiller, unha viúva amiga da nai de Richard, se converte na titora legal de Thuille. En 1874, entra no Ludwig-Gymnasium para completar a súa educación secundaria. No ano seguinte comeza a estudar teoría musical con Friedrich Wilhelm Meyer, así comeza os estudos musicais dun xeito sistemático.

Ós trece anos completa unha Serenata para orquestra, musicada por primeira vez sen ningunha axuda, dedicada a Meyer. Até aquel intre, xa levaba feitas quince composicións, a maioría para piano, cancións e música de cámara. En 1878, traba amizade con Friedrich Rösch, que sería o seu gran confidente, avogado persoal e colega musical con avanzados estudos de piano.

Poucos se sorprenderon cando a nai de Richard comezou a murchar baixo a personalidade do seu marido. A finais de 1870, xa padecía episodios prolongados de depresión, causados por un sentimento crecente de inferioridade (que Franz fixo pouco por disipar), e non pasou moito tempo até que a súa mente comezou a fallar. Longas estadías en institucións psiquiátricas primitivas non axudaron a mellorar a situación, e en 1899 Josephine ameazou con suicidarse.

En 1879, Thuille é admitido na Königliche Musikschule de Múnic, a escola onde Franz daba clases de trompa. Máis influente como teórico que como compositor, co paso do tempo converteríase nun bo amigo de Richard desfrutando xuntos os concertos. Consérvase a correspondencia que Strauss lle enviou entre 1877 e 1879 mentres Thuille asistía ó Gymnasium de Innsbruck. En 1880 acaba os estudos con Meyer e o ano seguinte publica a súa primeira obra: Festmarsch para grande orquestra, Op. 1, mentres diversas obras súas se interpretan publicamente con éxito en Múnic.

Viena, Berlín, Meiningen Entra na Universidade de Múnic en 1882 e ese mesmo ano acompaña o seu pai a Bayreuth para ver as primeiras representacións de Parsifal e visita Viena, onde coñece a Hans Richter e Eduard Hanslick. En decembro de 1884 emprende unha viaxe de tres meses a Berlín, onde se atopa con Hans von Bülow, Joseph Joachim, Philipp Spitta, e outras figuras musicais do momento. Alí asistiu a óperas e concertos interpretados polos mellores músicos do mundo. Asemade, tamén tivo a oportunidade de dar a coñecer a súa obra.

Ós dezaoito anos, Strauss xa escribira unhas 140 pezas, entre elas case 60 cancións e máis de 40 obras para piano. Daquela, as súas composicións eran moi conservadoras, dentro do estilo de Robert Schumann, ou Felix Mendelssohn, de acordo coas ensinanzas recibidas do seu pai. miniatura|Richard Strauss, de mozo. A través das conexións do seu pai, Strauss coñeceu os músicos máis importantes da época, entre eles o director Hans von Bülow, que lle encargou a Suite en si bemol maior para trece instrumentos de vento, Op. 4, para a Orquestra de Meiningen, que el dirixía. Von Bülow convidou a Strauss a dirixir na estrea deste traballo en Múnic en novembro de 1884. Foi tamén a súa estrea como director.Biografía en britannica.com Once meses despois Von Bülow ofreceulle o posto de segundo director desta orquestra e dous meses despois, director titular. A partir de entón, a eminencia de Strauss como director foi paralela ó seu ascenso como compositor. Ocupou o posto de terceiro director da Ópera de Múnic (1886-1889), director da Orquestra da cort de Weimar (1889-1894), segundo e despois director principal en Múnic (1894-1898), director de orquestra (e máis tarde director) da Ópera da Corte Real de Berlín (1898-1919), e codirector musical da Ópera Estatal de Viena (1919-1924).

Alí coñece a Alexander Ritter, salientable violinista e marido dunha sobriña de Richard Wagner, do cal era un grande admirador. Ritter exerceu unha influencia decisiva no mozo músico e converteuno á arte de Franz Liszt e de Wagner. Strauss xa se alimentara da música de Wagner en segredo, para non desgustar o seu pai. Ritter instou a Strauss a abandonar as formas clásicas e a expresar as súas ideas musicais por medio do poema sinfónico, tal como fixera Liszt.

Na Ópera de Múnic En 1886, despois dunha viaxe a Italia, completa a sinfonía fantástica Aus Italien, de carácter descriptivo. Trasládase á orquestra da corte de Múnic como terceiro director, traballando a carón de Hermann Levi e Franz Fischer. Na primavera comeza unha historia de amor con Cäcilie Wenzel, actriz da corte. En agosto de 1887 coñece a Pauline de Ahna, unha alumna de canto, que se convertería na súa esposa. Escribe o seu primeiro lied popular: Serenata. Op. 17.

Director de Weimar miniatura|Pauline de Ahna, soprano alumna de Strauss, que en 1894 se converteu na súa esposa. No ano seguinte é o asistente musical en Bayreuth de Parsifal. Acaba os poemas sinfónicos Macbeth e Don Juan, a primeira peza que amosa a súa madureza, brillante tecnicamente e dun gran pulo vital. En novembro de 1889 dirixiu a estrea do poema sinfónico Don Juan e obtivo un contrato coa orquestra de Weimar como director, que durou até 1894. Don Juan consagrou a Strauss como un dos compositores máis importantes do momento, con gran prestixio a nivel internacional, que o acompañou até a súa morte. A recepción triunfal desta obra levouno a ser proclamado o herdeiro de Wagner.

Cara a finais do século XIX, Strauss pon atención na ópera. O verán de 1887, Ritter xa suxerira o argumento medieval de Guntram e Strauss embarcouse na tarefa de escribir el mesmo o libreto, seguindo os pasos do mestre Wagner. O nome do protagonista, Guntram, é unha mestura de Gunther e Wolfram, e o seu carácter un híbrido de Tannhäuser e Parsifal. Do mesmo ronsel xurdiron Freihild e Freidhold. Strauss acabou o bosquexo de Guntram no hotel Shepheard's do Cairo a noite de Nadal de 1892, e anotou: "Grazas a Deus! E ó sagrado Wagner!". A partitura completa estivo lista o 5 de setembro seguinte. A ópera estreouse en Weimar o 10 de maio de 1894, con dirección do mesmo Strauss e dedicada ós seus pais. Ese mesmo día anunciou o seu compromiso matrimonial con Pauline de Ahna, creadora do papel de Freihild. As críticas foron bastante frías. Moito peores foron as da estrea en Múnic o ano seguinte, que só salvaron a interpretació de Pauline. Axiña a obra deixou de programarse.

Richard e Pauline coñecíanse dende 1887, cando foi a súa alumna de canto e casaron en setembro de 1894. A personalidade tempestuosa e con falta de tacto de Paulina, era o envés do carácter distante do seu marido. O seu comportamento excéntrico é obxecto dun bo feixe de anécdotas, a maioría verdadeiras. Porén, o matrimonio funcionou, entre eles adorábanse e así o demostran os 55 anos que pasaron xuntos.

Guntram era unha obra immersa nun claro e formal neowagnerismo, que constituíu un serio fracaso diante dun público, o alemán, ó que lle gustaba menos Wagner en comparanza co público francés, e que estaba impresionado, entre finais e comezos de século, polo verismo. Esta mazada desalentou a Strauss de escribir música para escena até seis anos despois. En 1940, estreouse en Weimar unha versión revisada, con media hora menos de música que a orixinal. Malia basearse nun libreto frouxo que non funciounou ben dramaticamente, defectos que a manteñen fóra do repertorio, Guntram contén momentos moi inspirados que anuncian a linguaxe musical do Strauss maduro, pechado no xustillo wagneriano do cal se desprendeu axiña. Por exemplo, a fermosa e extensa aria de Freihild do terceiro acto fixa xa un modelo ó que Strauss se adherirá fielmente na súa produción posterior até culminar coa escena final de Capriccio. Xunto a pasaxes de audacia comparable as Gurre-Lieder de Schönberg atopamos autocitas (tema da nenez da Morte e transfiguración na aria de Guntram do primeiro acto, e "autocitas futuras". Algúns temas tiveron cabemento en posteriores poemas sinfónics: na primeira sección do Preludio séntese un tema de Ein Heldenleben, e o tema das violas atopámolo de novo en Don Quixote.Análise de Guntram en diverdi.com miniatura|esquerda|Richard Strauss en 1909. Despois escribiría unha serie de poemas sinfónicos Tod und Verkläung (Morte e transfiguración, 1888-1889), Till Eulenspigiegels lustige Streiche (1894-1895), Also sprach Zarathustra (Así falou Zaratustra, 1896), moi coñecidos no presente por formar parte da banda sonora do filme 2001: Unha odisea do espazo de Stanley Kubrick, Don Quixote (1897), e Ein Heldenleben (Unha vida de heroe, 1897-1898). Eran verdadeiros dramas musicais sen texto, programáticos, nos que salienta o progresivo perfeccionamento da linguaxe musical e da instrumentación, así como a caracterización psicolóxica das personaxes e da descrición das situacións a través de motivos condutores ou leitmotiv, segundo o procedemento que Wagner levou á máxima expresión.

1898-1918, Berlín, os anos de ouro miniatura|Richard Strauss en 1910.