Caridad González Cerviño, nada en Muros o 16 de xaneiro de 1961, é unha política e procuradora galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Procuradora e graduada en Dereito. Foi elixida concelleira en Muros polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2003, sendo alcalde Celestino Formoso, e foi segunda tenente de alcalde e concelleira de urbanismo e obras no bipartito co BNG. Trala morte de Formoso en xuño de 2004 foi elixida alcaldesa e continuou o goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG ata xuño de 2006, cando rompeu o acordo cos nacionalistas e continuou o goberno en minoría ata o final da lexislatura en 2007.
Nas eleccións municipais de 2007 foi cabeza de lista do seu partido, sendo este o máis votado e quedando a só un concelleiro da maioría absoluta. Porén, non foi reelixida como alcaldesa xa que o dirixente do BNG, Domingos Dosil, chegou un acordo co PPdeG para a súa investidura como alcalde, polo que se situou na oposición. Neste mandato foi deputada provincial, encargándose da área de cultura. Nas eleccións municipais de 2011 volveu presentarse á alcaldía polo PSdeG-PSOE conseguindo unha vitoria idéntica á de catro anos atrás e recuperando a alcaldía, xa que nesta ocasión populares e nacionalistas non pactaron, polo que puido gobernar en minoría.
Nas municipais de 2015 volveu encabeza.la candidatura socialista, pero nesta ocasión perdeu máis de 500 votos e pasou de 6 a 4 concelleiros, empatando co PPdeG, que foi a lista máis votada. Apoiou a investidura da candidata de CxG, María Xosé AlfonsoMaría Xosé Alfonso se hace por sorpresa con el bastón de mando de Muros, coa que mantivera enfrontamentos no pasado mandato, e mantívose na oposición gobernando CxG en minoría, sen que a relación entre ambas as forzas se normalizase malia o apoio socialista na investidura. Desta forma, nas municipais de 2019 concorreu de novo a alcaldía, dándose unha correlación de forzas idéntica á de catro anos antes, pese a que os socialistas recortaron distancias co PPdeG, o cal asumiu a alcaldía en minoría ante a falta de acordos entre os demais grupos.
Formou parte da candidatura socialista ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, sen resultar elixida, e é membro da Executiva Provincial coruñesa do partido tralos congresos de 2018 e 2022.
Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura socialista en Muros, baixando a 3 concelleiros e quedando por detrás do PPdeG e do BNG. Desta forma alcanzou un acordo de goberno cos nacionalistas e pasou a asumi-la Primeira Tenencia de Alcaldía e as áreas de Facenda, Cultura e TurismoEl gobierno de Muros contará con tres dedicaciones exclusivas y dos parciales ante las críticas del PP.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muros
Categoría:Alcaldes de Muros Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Muros Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes