thumb| O Club Atlético Independiente é unha entidade deportiva adicada ó fútbol que ten a súa sede na localidade de Avellaneda, a carón de Buenos Aires. O equipo compite na Primeira División Arxentina. Nas competicións continentais o equipo acadou os seus éxitos mais salientables, xa que con 7 títulos da Copa Libertadores é o equipo máis laureado de toda Suramérica. O terreo de xogo do Club Atlético Independiente é o Estadio Libertadores de América, da súa propiedade, un recinto con capacidade para 55.000 seareiros. O rival tradicional do CA Independiente é o seu veciño próximo, o Racing Club de Avellaneda, co cal disputa o chamado Clásico de Avellaneda.
Palmarés Torneos nacionais Primeira División (14): 1938, 1939, 1948, 1960, 1963, Nacional 1967, Metropolitano 1970, Metropolitano 1971, Nacional 1977, Nacional 1978, Metropolitano 1983, 1988/89, Clausura 1994, Apertura 2002
Torneos continentais Copa Libertadores (7): 1964, 1965, 1972, 1973, 1974, 1975, 1984 Copa Suramericana(2): 2010, 2017 Recopa Suramericana (1): 1995 Copa Interamericana (3): 1973, 1974, 1976 Supercopa Suramericana (2): 1994, 1995 Copa Intercontinental (2): 1973, 1984
Véxase tamén Outros artigos Copa Libertadores Ligazóns externas Páxina oficial do Club Atlético Independiente