Matthew Paige "Matt" Damon, nado en Cambridge (Massachusetts) o 8 de outubro de 1970, é un actor, guionista e produtor de cine estadounidense. Foi gañador do Oscar ó mellor guión orixinal por Good Will Hunting e nomeado ó Oscar ó mellor actor polo mesmo filme.
Comezos Matt Damon é fillo de Kent Telfer Damon, un axente inmobiliario e corredor de accións, e Nancy Carlsson-Paige, mestra de educación infantil e na Universidade de Lesley.
Estudou na Cambridge Rindge and Latin School na súa cidade natal, onde fixo amizade cun veciño e tamén alumno desta escola, Ben Affleck, que comparten o mesmo soño de se converter en actor de cine. Finalmente, xuntos protagonizaron e escribiron o guión para o filme Good Will Hunting. Formouse en 1988 e comezou a estudar na Universidade Harvard, pero non rematou os estudos porque comezou cos seus primeiros traballos como actor.
Traxectoria A súa carreira iniciouse tralo éxito do filme Good Will Hunting (1997), cun guión que escribiu co seu amigo Ben Affleck. Ámbolos dous gañaron o Óscar ó mellor guión orixinal e o Globo de Ouro ó mellor guión polo seu traballo. Por outra banda, Damon obtivo múltiples nomeamentos ó mellor actor, incluíndo o Premio da Academia.
miniatura|esquerda|Brad Pitt, George Clooney, Damon, Andy García, Julia Roberts (o elenco de Ocean's Eleven), co director Steven Soderbergh en decembro de 2001. Dende entón, protagonizou filmes de grande éxito comercial, como Saving Private Ryan (1998), The Bourne Identity (2002), The Bourne Supremacy (2004), The Bourne Ultimatum (2007), Syriana (2005), O bo pastor (2006), e Infiltrados (2006).
Tamén acadou un nomeamento ós Globos de Ouro por interpretar o personaxe principal en The Talented Mr. Ripley (1999) e foi nomeado a un Premio da Academia por mellor actor secundario en Invictus (2009). É considerado como un dos corenta mellores actores de cine de tódolos tempos.
O 25 de xullo de 2007, Damon recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood e foi nomeado como o home máis sexy vivo pola revista People. Damon está moi involucrado no traballo humanitario, incluíndo proxectos como ONE Campaign, H2O Africa Foundation, e Water.org.
Vida persoal miniatura|dereita|Damon coa súa muller Luciana Bozán Barroso no Festival Internacional de Cine de Venecia no 2009. Damon estivo saíndo con Minnie Driver, a súa compañeira en Good Will Hunting. Despois diso, tivo unha relación de dous anos coa actriz Winona Ryder. Dende o ano 2001 ó 2003, saíu con Odessa Whitmire, a ex-asistente persoal de Billy Bob Thornton e Ben Affleck.
Damon está casado coa arxentina Luciana Bozán Barroso, a quen coñeceu en Miami mentres participaba no filme Stuck on You. A parella ten tres fillas; Isabella, Gia Zavala Damon e Stella Zavala Damon. Luciana Barroso tiña outra filla chamada Alexia do seu primeiro casamento, que tamén foi adoptada por el. Dende o ano 2010, a familia vive en Manhattan.
Damon é seareiro declarado dos Boston Red Sox. Despois de que o equipo gañase a World Series do 2007 relatou o lanzamento do DVD conmemorativo do evento.
Filmografía miniatura|dereita|200px|Matt Damon promovendo o The Bourne Ultimatum (2007) miniatura|dereita|200px|Damon nunha gala en San Francisco, en outubro de 2008. + Filme e televisión Ano Título Personaxe Notas 1988 Mystic Pizza Steamer 1988 The Good Mother Extra 1989 Field of Dreams Extra en Fenway Park 1992 School Ties Charlie Dillon 1993 Xerónimo 2º Tte. Britton Davis 1995The Good Old BoysCotton Calloway 1996 Glory Daze Edgar Pudwhacker 1996 Courage Under Fire ESpecialista Ilario 1997 Good Will Hunting Will Hunting 1997 The Rainmaker Rudy Baylor 1997 Chasing Amy Shawn Oran 1998 Rounders Mike McDermott 1998 Saving Private Ryan James Francis Ryan 1999 The Talented Mr. Ripley Tom Ripley 1999 Dogma Loki 2000 Finding Forrester Steven Sanderson 2000 All the Pretty Horses John Grady Cole 2000 The Legend of Bagger Vance Rannulph Junuh 2000 Titan A.E. Cale Tucker Voz 2001 The Majestic Luke Trimble Voz 2001 Ocean's Eleven Linus Caldwell 2001 Jay and Silent Bob Strike Back El mesmo 2002 Confessions of a Dangerous Mind Matt, solteiro #2 2002 The Bourne Identity Jason Bourne 2002 Spirit: Stallion of the Cimarron Spirit Voz 2002 Gerry Gerry Tamén co-guionista 2002 The Third Wheel Kevin 2003 Stuck on You Bob Tenor 2004 Howard Zinn: You Can't Be Neutral on a Moving Train Narrador Voz 2004 Ocean's Twelve Linus Caldwell 2004 The Bourne Supremacy Jason Bourne 2004 Jersey Girl Relacións públicas/Executivo nº 2 2004 EuroTrip Donny 2005 Syriana Bryan Woodman 2005 The Brothers Grimm Wilhelm Grimm 2006 O bo pastor Edward Wilson 2006 Infiltrados Sarxento Maior Colin Sullivan 2007 Ocean's Thirteen Linus Caldwell 2007 The Bourne Ultimatum Jason Bourne 2007 Youth Without Youth Ted Jones 2007 Arthur El mesmo Voz 2008 Che: guerrilla Fr. Schwarz 2009 Ponyo no cantil Koichi Voz (versión en inglés) 2009 O informante Mark Whitacre 2009 Invictus Francois Pienaar 2009 The People Speak El mesmo Tamén como produtor 2010 Green Zone Suboficial Xefe Roy Miller 2010 30 Rock Carol Serie de televisión (episodios: "I Do Do", "The Fabian Strategy" e "Live Show") 2010 Inside Job Narrador Documental 2010 Alén da vida George Lonegan 2010 Valor de lei La Boeuf 2011 The Adjustment Bureau David Norris 2011 Margaret Aaron Caije 2011 Contaxio Thomas Emhoff 2011 Happy Feet 2 Krill #2 2011 We Bought a Zoo Benjamin Mee2012Promised LandSteve ButlerTamén escritor e produtor2013ElysiumMax Da Costa2013The Zero TheoremAdministrador2014The Monuments MenJames Granger2014The Man Who Saved the WorldEl mesmoDocumental 2014InterstellarDr. Mann2015The MartianMark Watney2016Jason BourneJason BourneTamén escritor e produtor2016The Great WallWilliam Garin
Premios miniatura|dereita|250px|Matt Damon na 66 edición da Mostra de Venecia no 2009. miniatura|dereita|250px|A estrela de Matt Damon no Paseo da Fama de Hollywood. Premios Oscar Ano Categoría Filme Resultado2016Mellor actorThe MartianNomeado2009Mellor actor secundarioInvictusNomeado1998Mellor actorGood Will HuntingNomeado1998Mellor guión orixinalGood Will HuntingGañador
Premios Globo de Ouro Ano Categoría Filme Resultado2016Mellor actor - Comedia ou musicalThe MartianGañador2014Mellor actor en miniserie ou telefilmeBehind the CandelabraNomeado2010Mellor actor - Comedia ou musicalThe Informant!Nomeado2010Mellor actor secundarioInvictusNomeado2000Mellor actor - DramaThe Talented Mr. RipleyNomeado1998Mellor actor - DramaGood Will HuntingNomeado1998Mellor guiónGood Will HuntingGañador
Premios BAFTA AnoCategoríaPelículaResultado2016Mellor ActorThe MartianNomeado
Premios do Sindicato de Actores Ano Categoría Filme Resultado2010Mellor actor secundarioInvictusNomeado2007Mellor elencoThe DepartedNomeado1999Mellor elencoSaving Private RyanNomeado1998Mellor elencoGood Will HuntingNomeado1998Mellor actorGood Will HuntingNomeado
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Yahoo! Movies People.com Moviefone Blog de novas e fotos de Matt Damon
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Cambridge, Massachusetts Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar ó mellor guión orixinal