Thomas Jane, nado como Thomas Elliott III en Baltimore (Maryland) o 23 de febreiro de 1969, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Deep Blue Sea (1999), The Punisher (2004), e a adaptación cinematográfica de The Mist (2007) de Stephen King. Actualmente actúa na serie de televisión The Expanse.

Biografía É fillo de Cynthia, unha traballadora dun anticuario, e Michael Elliott, un enxeñeiro bioxenético.Thomas Jane Biography (1969-) Jane graduouse no ano 1987 na Thomas Sprigg Wootton High School no Condado de Montgomery, Maryland.

Traxectoria De sempre se sentiu atraído pola comedia, e é por iso que fixo o seu debut como actor no teatro, incluíndo All My Sons, de Arthur Miller, e The Glass Menagerie do famoso dramaturgo Tennessee Williams.

Porén, Jane entrou na gran pantalla co filme indio en lingua telugu Padamati Sandhya Ragam (1986), dirixida por Jandhyala. A partir do seu primeiro papel como Zeph en Buffy the Vampire Slayer (1992) conseguiu papeis secundarios en varios filmes destacados, incluíndo The Crow (1996), Boogie Nights (1997), The Thin Red Line (1998), Thursday (1998) e Magnolia (1999). Dous anos máis tarde, actuou con Gene Hackman e Monica Bellucci en Baixo sospeita e a comedia romántica The Sweetest Thing.

A pesar de que apareceu en O cazador de soños (2003), unha adaptación dunha novela de Stephen King, e da súa carreira anterior; Jane é principalmente coñecido por interpretar a Frank Castle en The Punisher (2004), baseado no cómic de Marvel. Dende entón, a súa carreira como actor toma repouso até o ano 2008, cando interpreta, por segunda vez, un heroe de Stephen King na adaptación de Frank Darabont The Mist.

Entre 2009 e 2011, interpretou o papel principal na serie de televisión Hung. O seu personaxe Ray Drecker é un adestrador de baloncesto e pai divorciado de dous adolescentes que se atopa na obriga de explotar sexualmente o seu corpo para poder subsistir.

Filmografía Actor Ano Título Personaxe Notas 1987 Padamati Sandhya Ragam Chris Nos créditos como Tom Jane 1992 I'll Love You Forever... Tonight O buscavidas 1992 Buffy the Vampire Slayer Zeph 1992 Nemesis Billy Nos créditos como Tom Janes 1994 At Ground Zero Thomas Quinton Pennington Nos créditos como Tom Elliott 1996 The Crow: City of Angels Nemo 1997 The Last Time I Committed Suicide Neal Cassady 1997 Face/Off Burke Hicks 1997 Boogie Nights Todd Parker 1997 Hollywood Confidential Lee 1998 Thursday Casey 1998 The Velocity of Gary Gary 1998 Zack and Reba Sparky Stokes 1998 The Thin Red Line Private Hiram Ash 1999 Deep Blue Sea Carter Blake 1999 Molly Sam 1999 Junked Switch 1999 Magnolia Jimmy Gator (mozo) Cameo 2000 Baixo sospeita Detective Felix Owens 2001 Original Sin Bill / Walter Downs / Mephisto 2001 Eden Dov 2002 The Sweetest Thing Peter Donahue 2003 O cazador de soños Henry 2003 Stander Andre Stander 2004 The Punisher Frank Castle / The Punisher Nos créditos como Tom Jane 2006 The Tripper Buzz Hall Tamén produtor executivo 2007 The Mist David Drayton 2008 The Butler's in Love The Butler Curtametraxe 2008 Mutant Chronicles Sgt. Mitch Hunter 2008 Killshot Wayne 2009 Give 'Em Hell, Malone Malone 2009 Dark Country Dick Tamén director e produtor 2010 DC Showcase: Jonah Hex Jonah Hex (voz) Curtametraxe 2010 Scott Pilgrim vs. the World Policía Vegan Cameo 2011 I Melt with You Richard Tamén produtor executivo 2012 LOL Allen 2012 The Punisher: Dirty Laundry Frank Castle / The Punisher Curtametraxe Tamén produtor 2013 Sirius Narrador Documental 2013 Pawn Shop Chronicles O home 2013 Buttwhistle Grumisch 2014 White Bird in a Blizzard Detective Scieziesciez 2014 Drive Hard Peter Roberts 2014 Heavenly Sword Loki Voz 2014 Reach Me Wolfie 2015 Vice Roy 2015 Into the Grizzly Maze Beckett 2015 Broken Horses Gabriel Heckum 2016 Standoff Carter Tamén produtor executivo 2016 The Veil Jim Jacobs 2016 Before I Wake Mark Hobson 2016 USS Indianapolis: Men of Courage Tte. Adrian Marks 2016 The World's Biggest Asshole Coleman F. Sweeney Curtametraxe 2017 Hot Summer Nights Sarxento Frank Calhoun 2017 1922 Wilfred James 2018 A.X.L. Chuck Hill2018 The Predator Baxley 2019 Crown Vic Ray Mandel 2020 Anti-Life Admiral 2020 Salvage Home

Televisión Ano Título Personaxe Notas 1991 She-Wolf of London Johnny Episodio: "Heart Attack"Nos créditos como Thomas Bridgett 1995 High Tide Barry Episodio: "Barry" 1999 Jonni Nitro Brack Director2 episodios 2001 61* Mickey Mantle Telefilme 2004 Arrested Development El mesmo Episodio: "The One Where They Build a House" 2006 Medium Clay Bicks 2 episodios 2009–2011 Hung Ray Drecker 30 episodios 2015 Texas Rising James Wykoff 2 episodios 2015–presente The Expanse Detective Josephus Miller / O investigador Personaxe protagonista 2019 Robot Chicken The Punisher (voz) Episodio: "Spike Fraser in: Should I Happen to Back Into a Horse"

Videoxogos Ano Título Personaxe (voz) Notas 2004 The Punisher Frank Castle / The Punisher 2005 Gun Colton White

Discografía Álbums Ano Artista Álbum Notas 2012 Rusty Blades Don't Come Home CantautorGuitarrista

Bibliografía Ano Título Notas 2005–presente Bad Planet Banda deseñada, editor e escritor con Steve Niles (1–6) e Bruce Jones (7–presente) 2007 Alien Pig Farm 3000 Banda deseñada, escritor Steve Niles e Todd Farmer 2012 Dark Country Novela gráfica, editor e director, escrito por Tab Murphy e debuxado por Thomas Ott

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Maryland Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Baltimore