Ágora é un filme dirixido por Alejandro Amenábar que se estreou no 2009. É un drama histórico sobre a vida de Hipatia (Rachel Weisz), unha matemática, filósofa e astrónoma do Exipto Romano do século IV.
Sinopse No século IV, Exipto era unha diocese do Imperio Romano, dependente directamente de Roma. A súa capital, Alexandría, convertérase no derradeiro baluarte dun mundo en crise, confuso e violento. No ano 391, as continuas revoltas das rúas, ocasionadas polos cristiáns contra xudeus e pagáns, alcanzaron unha das súas institucións máis lendarias: a Biblioteca de Alexandría. Atrapada tras os seus seus muros, a brillante astrónoma Hipatia (Rachel Weisz), loita por salvar a sabedoría do mundo antigo, sen percibir que o seu escravo, o mozo Davo, se debate entre o amor que lle profesa en segredo e a liberdade que podería acadar uníndose ao imparable ascenso do Cristianismo.
Personaxes Rachel Weisz como Hipatia de Alexandría. Max Minghella como Davus, escravo de Hipatia. Oscar Isaac como Orestes. Sami Samir como San Cirilo de Alexandría, bispo de Alexandría Manuel Cauchi como Teófilo de Alexandría, tío de Cirilo Ashraf Barhom como Ammonius Michael Lonsdale como Teón de Alexandría, pai de Hipatia Rupert Evans como bispo Sinesio de Cirene Homayoun Ershadi como Aspasio
Galardóns e nomeamentos 2009: 7 Premios Goya, incluíndo mellor guión orixinal e fotografía. 13 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro Amenábar Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes de Telecinco Cinema Categoría:Filmes sobre matemáticas Categoría:Filmes ambientados no século IV Categoría:Filmes ambientados no século V Categoría:Filmes ambientados en Alexandría Categoría:Filmes ambientados no Imperio Bizantino Categoría:Filmes ambientados no Antigo Exipto Categoría:Filmes ambientados no Imperio Romano Categoría:Filmes ambientados na Roma antiga Categoría:Filmes ambientados na Antigüidade clásica