A palabra notación pode usarse en varios contextos:

En composición musical (a para a súa interpretación), a música represéntase mediante a notación musical. A notación visigótica era o sistema de notación musical utilizado a partir do século VIII para representar as melodías do canto hispánico. En química, a notación de Lewis describe enlaces químicos. En mecánica cuántica, a notación Bra-ket, ou notación de Dirac, é a notación estándar para describir os estados cuánticos na teoría da mecánica cuántica de Dirac. En relatividade, a notación Tensor é un modo xeral para representar un campo gravitatorio. En matemáticas, a notación matemática úsase para representar ideas matemáticas, como: Un sistema de numeración, é unha notación para escribir números. Unha notación posicional, é unha notación que fai a escrita dos números dunha forma máis sistemática e práctica que o sistema de numeración romano. Unha notación binaria é unha notación posicional en base dous. Unha notación decimal é unha notación posicional en base dez. Unha notación sexaxesimal ér unha notación posicional en base seis. A notación científica serve para expresar números moi grandes ou moi pequenos. A notación de Landau tamén chamada notación o e notación O, é unha notación para a comparación asintótica de funcións. A notación Leibnitz é a representación padrón para o cálculo. A notación Infix úsase para representar cálculos nun formato case lingüístico, como en a+b-c. A notación Prefix ou notación polaca, coloca o operador antes dos operandos, tal como en + a b. A notación Postfix ou notación polaca inversa, coloca o operador despois dos operandos, como en a b +. A notación Z é unha notación formal para especificar obxectos usando a teoría de conxuntos de Zermelo-Fraenkel e a lóxica de predicado de primeira orde. En tecnoloxía, a notación Whyte serve para clasificar as locomotoras de vapor segundo a disposicións dos seus eixes. En lingüística a notación de Backus-Naur, ou Backus-Naur form (BNF), Backus-Naur formalism ou Backus normal form, é unha metasintaxe usada para expresar gramáticas libres de contexto, é dicir, unha maneira formal de describir linguaxes formais. No xogo do xadrez: A notación é o sistema de rexistro das partidas que seguen os xogadores, que se utiliza para transmitir os movementos nas partidas. Hai dous tipos: A notación alxébrica e A notación descritiva.

Categoría:Homónimos