miniatura|240px|Sciurus vulgaris na Pobra do Caramiñal. A dos esciúridos (Sciuridae) é unha familia de mamíferos da orde dos roedores e suborde dos esciuromorfos que inclúe os esquíos, as marmotas e as cinco especies do xénero Cynomys.

Taxonomía Clasificación A familia divídes en cinco subfamilias, coas tribos que se indican: Subfamilia Ratufinae Subfamilia Sciurillinae Subfamilia Sciurinae Tribo Sciurini Tribo Pteromyini Subfamilia Callosciurinae Tribo Callosciurini Tribo Funambulini Subfamilia Xerinae Tribo Xerini Tribo Protoxerini Tribo Marmotini

Características Como todos os roedores, posúe dentes incisivos fortísimos, con que roen sementes con facilidade. Os esciúridos son animais principalmente arborícolas e vive nas copas das árbores. Das copas, saltan dunha póla para outra, chegando os saltos a 5 metros de lonxitude, sen temer a caída.

Distribución xeográfica Os esciúridos están espallados por case todo o mundo, a maioría nas zonas de climas temperado ou tropical, mais tamén nalgunhas zonas de clima frío.

Bioloxía As sementes son a súa principal fonte de alimentación, mais tamén consomen insectos e froitas. Cando os alimentos escasean, invaden niños doutros animais e devoran as crias.

Véxase tamén

Outros artigos Roedores Esciuromorfos Marmota Esquío voador Esquío vermello

Categoría:Roedores