Jeffrey Demarco Teague, nado o 10 de xuño de 1988 en Indianápolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional. Foi seleccionado por primeira vez para o NBA All-Star na temporada .

Traxectoria profesional O 8 de abril de 2009, Teague anunciou a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2009. Foi elixido na 19ª posición polos Atlanta Hawks. O 20 de xullo de 2009, asinou o seu contrato de rookie cos Hawks.

O 7 de xullo de 2016, Teague foi traspasado ós Indiana Pacers nun traspaso entre tres equipos.Pacers Acquire Teague, Young in Trades

O 10 de xullo de 2017, Teague asinou un contrato por tres anos e 57 millóns de dólares cos Minnesota Timberwolves.

O 16 de xaneiro de 2020, Teague foi traspasado xunto a Treveon Graham ós Atlanta Hawks, a cambio de Allen Crabbe.

O 30 de novembro de 2020, Teague asinou cos Boston Celtics. O 25 de marzo de 2021, Teague foi traspasado ós Orlando Magic xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Evan Fournier, pero foi cortado inmediatamente.

O 1 de abril de 2021, Teague asinou cos Milwaukee Bucks. O 20 de xullo de 2021, os Bucks derrotaron ós Phoenix Suns nas Finais da NBA de 2021, dándolle a Teague o seu primeira campionato da NBA.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks