Severino Rodríguez Díaz, nado en Marcelle (Monforte de Lemos) en 1956, é un político galego do BNG.
Traxectoria Traballaba nunha xestoría. Militante do BNG dende 1990, ocupou diferentes cargos de responsabilidade a nivel local e comarcal. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido alcalde de Monforte de Lemos grazas ao apoio do PSdeG-PSOE e do concelleiro de Iniciativa Galega e exalcalde Celestino Torres, gobernando en minoría cos socialistas. Nas municipais de 2007 volveu ser elixido alcalde tras obter a maioría absoluta ao fornte do BNG. Nas municipais de 2011 foi tamén elixido alcalde ao sela candidatura máis votada, encabezando un goberno en minoría. En outubro de 2014 anunciou que non se presentaría á reelección nos comicios de maio de 2015, finalizando o seu mandato o 13 de xuño dese ano.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monforte de Lemos
Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1945