é un episodio especial do anime Dragon Ball dirixido por Yoshihiro Ueda que se estreou en 1993.

Sinopse Nun futuro non moi distante, Son Gohanda e Toranks loitan para acabar cos terríbeis androides que aterrorizan o mundo. Os androides C-17 e C-18 derrotaron todos os compañeiros de Son Goku despois de que este morrese dunha doenza do corazón. Toranks pasa a ter como mestre a Son Gohanda que, infelizmente, tamén acaba sendo morto polos androides. Despois de tres anos, Toranks, coa axuda da súa nai Bulma, constrúe unha máquina do tempo, na cal retorna ao pasado para acabar cos androides.

Personaxes Voces de dobraxe da versión orixinal xaponesa: Joji Yanami como Narrador Takeshi Kusao como Toranks Hiromi Tsuru como Bulma Masako Nozawa como Son Gohanda Shigeru Nakahara como C-17 Miki Itou como C-18 Kōhei Miyauchi como Mestre Mutenroi Naoki Tatsuta como Oolong Naoko Watanabe como Chichi Naoko Watanabe como Puar Daisuke Gōri Satanarius

Véxase tamén Outros artigos Dragon Ball Dragon Ball Z Dragon Ball GT

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha nos Arquivos da Meiga Ficha en Filmaffinity

Categoría:Dragon Ball Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego