Yann Ulrich Stephane Lasme, nado o 17 de decembro de 1982 en Port-Gentil, é un xogador profesional de baloncesto gabonés. Mide 2,03 metros e pode xogar de ala-pivote ou de pivote.
Traxectoria Lasme foi elixido na 46ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Golden State Warriors. Fixo o seu debut na NBA o 8 de novembro de 2007, xogando tan só 3.8 segundos na derrota dos Warriors por 120-115 contra os Dallas Mavericks. O 17 de novembro, foi cortado polos Warriors. Días máis tarde, asinou cos Los Angeles D-Fenders da NBA Development League. Na tempada 2010-2011 xogou nos Maine Red Claws da NBA Development League. Na tempada 2011-12 xogou na Liga ACB co Obradoiro CAB. O 22 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos co Anadolu Efes turco.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en Euroleague.net Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Gabón Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Gabón Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do UNICS Kazan