O paʻanga é a moeda oficial de Tonga. Un paʻanga divídese en cen seniti. O seu código ISO é TOP e a súa abreviación é T$ ou ¢ para o seniti. Existe tamén a unidade hau, equivalente a cen paʻangas, mais non estea en circulación e unicamente se emprega en moedas conmemorativas. A paʻanga é emitida polo Banco Nacional de Reserva de Tonga (Pangike Pule Fakafonua 'o Tonga ou National Reserve Bank of Tonga).

Historia Pa‘anga era o nome do lugar onde tirar cantos rodados sobre a superficie da auga para que rebotasen. En 1806 os habitantes da illa Lifuka atacaron o barco inglés Port-au-Prince, saqueárono e queimárono. Entre os superviventes destacou William Mariner, de quince anos, que foi acollido por Finau, o xefe dos tonganos, interesado en aprender cousas do mundo occidental. Entre outras cousas, Mariner explicoulle o que era o diñeiro e para que servían as pezas de ouro e que tiñan un valor máis alto que as pedras que eles empregaban para xogar.

En 1967, cando se adoptou o sistema decimal, substituíu a libra de Tonga (T£) por unha nova unidade e recuperouse o nome de paʻanga que adquirira o significado de diñeiro.

Moedas e billetes miniatura|200px|Moeda dun paʻanga de 1980 Unicamente existen moedas con denominacións para os seniti (1, 2, 5, 10, 20 e 50). As moedas de 1, 2 e 3 pa'angas son para coleccionistas.

Os billetes teñen denominacións de 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 paʻangas. O anverso está en tongano, co retrato do rei Taufa‘ahau Tupou IV, e o reverso está en inglés, con motivos típicos de Tonga.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Banco Nacional de Reserva de Tonga Imaxes dos billetes

Categoría:Moedas de Oceanía Categoría:ISO 4217