A serie de manga e anime de Dragon Ball posúe un gran número de personaxes creados por Akira Toriyama. A serie ten lugar nun universo ficticio onde existen guerreiros e seres doutros mundos que teñen poderes e habilidades sobrehumanas. O argumento da serie segue as aventuras de Son Goku na súa busca dos sete obxectos místicos coñecidos como as Bólas do Dragón, que se empregan para convocar a un dragón (Shenron) que concede desexos. Esta é unha lista de personaxes de Dragon Ball.

Guerreiros do espazo

Guerreiros do espazo puros

Exclusivos dos filmes

Guerreiros do espazo nados na Terra Son Gohanda

Fillo de Son Goku e de Chichi, unha humana. Vive nunha pequena casa co seu pai, súa nai, seu avó e máis tarde co seu irmán máis novo Son Goten. Foi adestrado ós catro anos por Piccoro ó que considera o seu mestre e mentor. Derrotou ó temible Célula. Son Gohanda toma o papel de protagonista durante a ausencia do seu pai, máis tarde abandona a loita, e céntrase nos seus estudos. Casa con Videl e teñen unha filla chamada Pan.

Toranks

Fillo de Vexeta e de Bulma. Viaxa do futuro para advertir a Goku sobre os androides malignos que mataran nun futuro alternativo a Goku e ós seus amigos e consegue salvalos. Gaña a Goten no Torneo Mundial Infantil cando tiña oito anos, e fusiónase con el para loitar contra Boo. Máis tarde en Dragon Ball GT, convértese nun dos personaxes principais. Toranks é amábel e honrado, ó contrario que o seu pai.

Son Goten

Goten, é o irmán máis novo de Son Gohanda, fillo de Chichi e Goku, o cal coñeceu cando tiña 7 anos. Perdeu contra Toranks na final da sección infantil do Torneo de Artes Marciais. O seu mellor amigo é Toranks. Fusiónase con el para derrotar ó malvado Boo, empregando a fusión que lles ensinou Goku. Goten ten unha facilidade sorprendente para se converter en Superguerreiro, pois nun adestramento co seu irmán, fíxoo sen ningunha dificultade. Aseméllase moito a Goku cando era neno.

Pan

Bra

Fusións Songotoranks

Vexekou

Habitantes da Terra Principais loitadores Chaoz

Chichi

Chichi é a esposa de Goku e filla do Rei Satanarius. É a nai de Gohan e Goten.

Rei Satanarius

Mestre Mutenroy

Krilín

É o personaxe que axuda a Son Goku en moitas aventuras. Distínguese por ser careco e baixiño, pero despois de casar e deixar a loita sáelle cabelo.

Mestre Karín O é un enigmático mestre de artes marciais que vive no alto da torre do mesmo nome. Quen logre subir á torre poderá adestrar con el para conseguir a Auga Sagrada. Tamén serve de intermediario a todo aquel que quere adestrar con Kamisama, que primeiro debe pasar un par de probas. El e a persoa que as pase con éxito subirán ata onde se atopa Kamisama para recibir o seu adestramento. Ten a aparencia dun gato branco.

Oob

Piccoro

Ten Shin Han

Babá a vedoira

Babá a vedoira ou é un personaxe de Dragon Ball. É unha meiga que pode ver cousas a través da súa bóla de cristal. Pide cantidades exorbitadas polos seus servizos, aínda que existe a alternativa de vencer ós seus cinco axudantes coñecidos como Gardiáns de Uranai Baba.

Yajirobe

Yamcha

Kamisama

Señor Popo

Principais civís Bulma

Doutor Brief

Gil Gil

Robot que aparece en Dragon Ball GT e que axuda a Son Goku, Pan e Toranks a atopalas Bólas do Dragón de estrela negra. Tamén é coñecido polo seu número de serie DB4649TS006RS.

Lunch

Señor Satán

Oolong

Puar

Tartaruga é unha tartaruga que é o amigo e compañeiro do Mestre Mutenroy durante longo tempo, ten máis de mil anos de idade e fai centos de anos que aprendeu a falar.

Videl

Inimigos Androides

Babidi

Bibidi é o pai de Babidi e o creador de Máxico Boo. Sábese pouco de Bibidi, só se ve nalgúns flashbacks, e refírese a el nun par de ocasións durante a saga de Máxico Boo. Aínda que Bibidi foi o creador de Máxico Boo, este acabou rebelándose contra Bibidi. Temendo pola súa seguridade, Bibidi encerrouno nunha gran masa morada con forma de ovo. É moi semellante ó seu fillo Babidi, só que é de cor verde oliva, ten uns bigotes longos e leva unha especie de casco negro coa súa marca, a "M" de máxico. Existe un xogo de palabras entre os nomes "Bibidi Babidi Boo", xa que aparece nunha canción de Cinsenta, un clásico de Walt Disney Company.

Bebé

Célula

É un bio-Androide creado polo doutor Guero a partir de células de Son Goku, Son Gohanda, Rei Cold, Freezer, Piccoro e Vexeta.

Cooler

Doutor Guero

Doutor Myu

Freezer

Rei Cold

Máxico Boo

Piccoro Daimaō

Exército da Red Ribbon Xeneral Black

Xeneral Red

Coronel Silver

Coronel Violet

Coronel Yellow

Tenente Dark

Xeneral Blue

Xeneral White

Sarxento Mayor Murasaki

Sarxento Metallic

Xefe Coello

Pilaf

Mai é unha dos secuaces de Pilaf, que aparece xunto con Shū nos seus moitos intentos de obter as Bólas do Dragón. Viste unha gabardina militar cor azul escuro cunha estrela vermella en cada brazo e pantalóns verde escuro; leva os ollos maquillados e ten o cabelo negro, lacio e longo. O seu nome e o do seu compañeiro Shū proveñen do prato asiático .

Shū é un dos secuaces de Pilaf; é un ninja con aspecto de can humanoide. Emprega un gi morado cunha catana nas súas costas. Aparece xunto con Mai nos seus moitos intentos de obter as Bólas do Dragón. O seu nome e o da súa compañeira provén do prato asiático .

Gardiáns de Uranai Baba

Tou Pai Pai

Mestre Corvo

Outros habitantes da Terra Bora

Upa

Marron

Mutaito

Son Gohan (avó)

Suno

Habitantes de Namek Dende

Nail

Habitantes do Outro mundo

Bubbles

Gregory

Os Kaiōsama

Kaiō do norte

Kaiō Shin do leste

Kibito é un axudante dos Kaiō Shin. É un experto loitador, como corresponde a súa función e coñece a técnica da teletransportación. Morreu loitando contra o rei demo Dabla, e máis tarde foi resucitado polas Bólas do Dragón, rescatou a Son Gohanda e ó Kaiō Shin do leste e presenciou o duro adestramento de Gohan para intentar destruír a Máxico Boo. Ó final fusionouse co supremo Kaiōsama mediante os pendentes Potara.

Enma Daiō é un enorme ogro de cor vermella clara, que se encarga de elixir quen é enviado ó ceo ou ó inferno. Ó igual que Son Goku, foi adestrado por Kaiō do norte.

Soldados de Babidi Dabla é o rei do mundo das tebras que foi controlado por Babidi. Na súa loita na nave de Babidi, tocoulle loitar contra Son Gohanda. A pelexa estaba igualada, aínda que Dabla ten máis poder que Gohan. Este sorpréndese da forza que tiña Gohan, a pesar de que Dabla aumentara o seu poder ó concentrarse na cámara de meditación, e un pouco de poder extra debido a estar enfeitizado por Babidi (Dabla ten un poder semellante ó de Célula).

Ademais da súa maxia, domina técnicas baseadas no lume e pode crear cousas do nada, como unha enorme espada. Tamén ten a habilidade de converter ós seus inimigos en pedra cun cuspe.

Pui Pui é un guerreiro do Planeta Zun que segue as ordes de Babidi. É o gardián do primeiro nivel da nave de Babidi. Loita contra Vexeta no seu planeta natal, onde a gravidade é 10 veces maior que a da Terra. Pui Pui sorpréndese ó ver como a gravidade non afecta a Vexeta, quen o derrota doadamente.

Como outros personaxes, escapa do inferno en Dragon Ball GT, pero é derrotado por Son Goten.

Iakon é un dos seguidores de Babidi. É o máis forte dos monstros. O seu planeta natal está na zona máis remota do universo, por iso está adaptado a vivir sen luz. Ten a capacidade de absorber a luz, da cal se alimenta. Ten unhas longas gadoupas que pode alongar e que lle serven para atacar o inimigo. É derrotado por Son Goku.

Yakon escapa do inferno xunto a outros en Dragon Ball GT sendo derrotado por Toranks.

Spopovich

Yamu

Soldados de Freezer Apule

Dodorian

Forzas Especiais

Kwi

Saibaiman

Zarbon

Dragóns

Categoría:Debuxos animados Categoría:Dragon Ball Categoría:Listas de entretemento