Loreena McKennitt, nada en Morden (Manitoba) o 17 de febreiro de 1957, é unha cantante e intérprete de piano e arpa canadense, con ascendencia escocesa e irlandesa. Actualmente reside en Ontario.

Traxectoria Os seus nove discos conságrana como unha grande intérprete no universo da música celta. Os seus discos Elemental e To Drive the cold winter away marcaron un antes e un despois na súa carreira musical. Antes destes discos Loreena traballaba na compañía teatral estábel do Shakespearean festival, onde tivo tempo de se inspirar no poeta William Butler Yeats, así como na música de The Bothy band e Alan Stivell.

No seu primeiro disco deuse a coñecer con cancións como "Banks of Claudy" ou "Stolen Child", mentres que no segundo deixa claro o seu desexo de mesturar a cultura celta con outras procedentes doutros lugares. Loreena non deixou de percorrer mundo cambiando a súa música a medida que encontraba novas culturas: en 1991 visitou Venecia, Hungría, Ucraína, España e varias partes de Asia para poder realizar o disco The Visit. Segundo ela, a música é un medio de comunicación entre as distintas culturas, e iso é especialmente patente nos discos dos anos 90. Por exemplo, "Tango to Evora" é unha canción que fai referencia á danza arxentina e a histórica cidade portuguesa de Évora, utilizouse nun documental canadense, foi versionada en grego, en turco, en farsi, en finés, alemán, kurdo, albanés e romanés. No seu quinto disco, "The Mask and Mirror", McKennit buscou facer unha peregrinación musical pancéltica seguindo camiños de inspiración desde Irlanda a Galiza e Oriente Medio, pasando por Granada ou Marrakech A melodía da canción "Santiago" baséase nun arranxo animado da cantiga nº 26 do século XIII "Non é gran cousa se sabe", das Cantigas de Santa María.

Despois daquel disco, Loreena gravou The Book of Secret, Live in Paris and Toronto e An Ancient Muse.

Discografía Editou 9 álbums (8 álbums en estudio e o directo Live in Paris and Toronto; 13 millóns de exemplares foron vendidos por todo o mundo): Elemental (1985). To drive the cold winter away (1987). Parallel dreams (1989). The visit (1991). The mask and the mirror (1994). A winter garden : five songs for the season (1995). The book of secrets (1997). Live in Paris and Toronto (1999). An Ancient Muse (2006). An Ancient Muse (2007, edición limitada).

Bandas sonoras Bayo (1985). Heaven on Earth (1986). To a safer place (1987, documental). Goddess Remember (1989, documental). Highlander III (canción Bonny Portmore, 1995)

Premios e outros méritos 1992 : Premio Juno ao mellor álbum de música tradicional por The Visit 1994 : Premio Juno ao mellor álbum de música tradicional por The Mask and the Mirror 1997 : Premio Billboard International Achievement Award 2002 : Doutor honoris causa en letras da Universidade Wilfrid Laurier 2003 : Orde de Manitoba 2004 : Orde do Canadá

Complementos Loreena McKennitt é moi activa nas seguintes asociacións : Creación da Fundación para a memoria de Cook-Rees, (salvamento e seguridade náutica) Participación financeira nos Fondos de Socorro da Sociedade da Medialúa Vermella Turca e da Cruz Vermella Grega Creación en 2002 do Centro Falstaff Family en Statford

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Loreena (en 14 linguas)

Categoría:Músicos do Canadá Categoría:Cantantes do Canadá Categoría:Pianistas do Canadá Categoría:Arpistas do Canadá Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Manitoba