Nationale 7 é unha longametraxe francesa do director Jean-Pierre Sinapi, estreada no 6 de decembro de 2000.

Sinopse O argumento xira ao redor de dúas personaxes, René e Julie. René é un discapacitado físico que polo que di parece ser que padece unha enfermidade dexenerativa. En vista de que perderá a función sexual antes ou despois por mor da doenza, decide que necesita ter sexo. Ao comezo é algo arisco e groseiro, ao non aceptar a súa enfermidade, mais conforme avanza a trama vai evolucionando e mesmo chega a ter unha relación sentimental cunha das enfermeiras ás que lles facía a vida imposíbel.

Julie é a enfermeira que acaba de chegar. É a única que se enfronta directamente a René e o pon no seu sitio. Será a encargada de lle buscar un encontro sexual cunha prostituta, feito que revolucionará a institución enteira.

De entre as personaxes secundarias, a que ten un papel máis relevante na trama é Rabah, un musulmán que despois de visitar Lourdes decide virar cristián. O feito de ser homosexual e manter unha relación sentimental con outro dos internos fai que as súas circunstancias persoais sexan algo peculiares. Quere ser bautizado baixo o nome de Johnny, polo seu cantante favorito e tendo á prostituta por madriña. A negativa dos traballadores do centro a que se celebre dita celebración será o que os leve a se manifestaren na estrada Nacional 7, impedindo o tránsito, acontecemento que dá título ao filme.

Elenco Nadia Kaci: Julie Olivier Gourmet: René Lionel Abelanski: Roland Chantal Neuwirth: Sandrine Gérald Thomassin: Jean-Louis Saïd Taghmaoui: Rabah Nadine Marcovici: Florèle Julien Boisselier: Jacques Isabelle Mazin: Solange Jean-Claude Frissung: O director François Sinapi: Père Gilbert Franck Desmaroux: François Manuela Gourary: Unha prostituta Gilia Pallas: A muller anoxada Jacques Bondoux: Christian Dominique Lamure: O médico Nicolas Lecuyot: Fabrice Karine Leparquier: Cécile Stéphane Sinquin: Jean-Charles Valérie Crinière: A cociñeira Costanzo Sinapi: O home vello

Premios Premio do público no Festival de Berlín 2000 Premio do público no Festival Cinématographique d'Automne de Gardanne 2000 Premio FIPRESCI e Satyajit Ray no London Film Festival 2000 Premio do público no Festival Internacional de Cine de Donostia 2000

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes en lingua francesa