Mario Gabriel Andretti, nado en Montovun (Croacia) o 28 de febreiro de 1940, é un piloto estadounidense (Italoamericano, posto que é oriúndo de Motovun, antiga cidade de Italia, hoxe en Croacia). Durante a súa carreira, gañou catro títulos de Champcar, e o campionato mundial de Fórmula Un do ano . Andretti é a primeira e única persoa en gañar as 500 millas de Indianápolis, as 500 millas de Daytona e o Campionato Mundial de Fórmula 1.
Traxectoria Naceu en Motovun, unha cidade da península de Istria, chamada daquela Montona e pertencente a Italia. Logo da segunda guerra mundial, Istria pasou a ser parte de Iugoslavia e a súa familia, como moitos outros italianos, fuxiron en 1948 e pasaron os sete anos seguintes nun campo de refuxiados. Finalmente a familia Andretti estableceuse en Nazareth (Pensilvania).
Debut nas carreiras En 1959 Andretti comezou a correr nun vello automóbil Hudson en pistas de terra preto da cidade onde vivía. O seu irmán xemelgo, Aldo, corría nas mesmas pistas e co mesmo automóbil, pero deixou de facelo logo dun accidente. Xa en 1964, Mario participou por primeira vez no campionato de Campionato de coches IndyCar da USAC (que se converterá na CART en 1979 e a Champ Car en 2003), despois volvera correr nestas carreiras. Gañou o campionato en 1966. Mario tamén gañou, na serie NASCAR en 1967, a carreira máis importante da competición, as 500 millas de Daytona. Tamén acadou a primeira das súas tres vitorias nas 12 horas de Sebring. Mario tamén considerou participar nunha carreira na F1, algo que faría en 1968.
miniatura|dereita|Coche co que gañou as 500 millas de Indianápolis.
Fórmula 1 Ferrari e Lotus Co equipo Lotus, impresionou inmediatamente ao gañar a súa primeira pole no seu primeiro Gran Premio en Watkins Glen. No ano 1969, correu tres carreiras antes de pasar a March. Ese ano gañou o seu terceiro campionato da USAC e sobre todo a súa sorprendente vitoria na mítica proba das 500 millas de Indianápolis. En 1970, terminou a súa primeira carreira en España, co seu primeiro podio cun 3° posto. En 1971, foi contratado pola Scuderia Ferrari. Desde a súa primeira carreira cos coches de Maranello, gañou unha carreira en Kyalami. Posteriormente, terminou dúas veces en cuarto lugar nas carreiras en Alemaña e Suráfrica en 1971 e 1972. Tamén obtivo catro vitorias en coche deportivos, dando a Ferrari como fabricante a súa última vitoria como escuadra fora do ámbito da Fórmula 1 por última vez neste campo. miniatura|250px|O Lotus co que fixo o seu debut na Fórmula 1.
Con Parnelli e de Novo, un novo intento definitivo co Team Lotus Logo dun ano sabático, Mario volve en co equipo Parnelli, co que competiría na USAC. En 1975, durante a súa primeira tempada completa, conseguiu un cuarto e quinto lugar, logo, obtivo un sexto lugar en , antes de que o equipo deixase a Fórmula 1. Mario é contratado unha vez máis por Collin Champman para correr en Lotus. O equipo non resulta competitivo como de costume, pero Mario restaura a gloria das cores do coche que porta nas súas mans ao gañar o último Gran Premio da tempada no Xapón. En , Mario gañou catro carreiras e terminou 3° no campionato. Ademais é celebre que en 1977 convertésese no primeiro estadounidense en gañar o Gran Premio dos Estados Unidos en Long Beach(California). Co revolucionario "Efecto solo", a tempada sería a da súa consagración, coas súas oito pole positions e seis vitorias, suficiente para que Mario gañase o título de campión do mundo de F1, lamentablemente esta foi unha vitoria amarga debido á morte do seu compañeiro de equipo Ronnie Peterson. De todos os xeitos, Andretti non volveu gañar outra carreira logo de 1978. miniatura|250px|dereita|Lotus 79 de Mario Andretti.
Os seus últimos anos na Fórmula 1 e os seus anos en CART e Retiro En e , Mario segue en Lotus, pero o coche carecía de fiabilidade e rendemento. Mario non volvería a lograr máis vitorias, apenas unha pole, e subiríase unha vez máis ao podio en España. Mario deixa Lotus por Alfa Romeo. Á parte dun cuarto lugar na primeira carreira da tempada, non logra quedar nos primeiros lugares tanto en carreira como ao final de tempada. En Mario correría unha carreira con Williams no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, logo outras dúas carreiras para Ferrari, cun 3° posto en Monza e unha retirada. Finalmente, Mario dedicaríase exclusivamente a correr os seus últimos anos na categoría que o viu nacer como piloto, a serie CART.
Carreira en CART/IndyCar World Series Nos anos 80 volveu a CART/IndyCar World Series. En 1984, co equipo Newman-Haas, gañou seis carreiras e gañou o título. Logo logrou dez vitorias ata a súa retirada das competicións en 1993. miniatura|Mario Andretti correndo na Serie CART para Newman-Hass en 1991.
Noutras competicións Mario participou 5 veces nas 24 horas de Le Mans, sen lograr gañar, o seu mellor resultado foi 2° en 1995. trataría de participar nos 500 quilómetros en 2003, antes tivo un serio accidente durante as probas, que lle recordou aquela proba na Indy 500 de 1993, que lle obrigou definitivamente abandonar as carreiras.
miniatura|Un dos coches no que competiu en Le Mans, este modelo para a carreira de 1989, correu xunto ao seu fillo Michael Andretti.
Legado Moita xente, particularmente nos Estados Unidos, considérao un dos mellores corredores de todos os tempos. No ano 2000, a Associated Press e a revista RACER nomeárono "Automobilista do Século". O mesmo ano foi introducido ao International Motorsports Hall of Fame (Vestíbulo da fama internacional dos deportes a motor).
Os dous fillos de Mario Andretti, Michael e Jeff, están no mundo das carreiras. Michael gañou o Champcar como antes o fixo o seu pai. O sobriño de Mario, John, tivo éxito tanto en Champ Car como en NASCAR. O seu neto Marco gañou o campionato de karting "Stars of Tomorrow" (estrelas do mañá) de Champ Car.
E por suposto, unha frase para a historia. «"Se todo está baixo control, é que non vas suficientemente rápido"».
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Posición Puntos Lotus RSA NP ESP NP MON NP BEL NP HOL NP FRA NP RU NP ALE NP ITA NP CAN NP USA Ret MEX NP 41º 0 Lotus RSA Ret ESP NP MON NP HOL NP FRA NP RU NP ALE Ret ITA NP CAN NP USA Ret MEX NP 21º 0 March RSA Ret ESP 3 MON NP BEL NP HOL NP FRA NP RU Ret ALE Ret AUT Ret ITA NP CAN NP USA NP MEX NP 16º 4 Ferrari RSA 1 ESP Ret MON NSC HOL Ret FRA NP RU NP ALE 4 AUT NP ITA NP CAN 13 USA NP 8º 12 Ferrari ARG Ret RSA 4 ESP Ret MON NP BEL NP FRA NP RU NP ALE NP AUT NP ITA 7 CAN NP USA 6 12º 4 Parnelli ARG NP BRA NP RSA NP ESP NP BEL NP MON NP SUE NP HOL NP FRA NP RU NP ALE NP AUT NP ITA NP CAN 7 USA DSC 8º 15 Parnelli ARX Ret BRA 7 RSA 17 ESP Ret MON Ret BEL NP SUE 4 HOL NP FRA 5 RU 12 ALE 10 AUT Ret ITA Ret USA Ret 14º 5 Lotus BRA Ret ESP Ret BEL Ret MON NP SUE Ret FRA 5 RU Ret ALE 12 AUT 5 HOL 3 ITA Ret CAN 3 USA Ret XAP 1 6º 22 Parnelli RSA 6 USW Ret Lotus ARX 5 BRA Ret RSA Ret USW 1 ESP 1 MON 5 BEL Ret SUE 6 FRA 1 RU 14 ALE Ret AUT Ret HOL Ret ITA 1 USA 2 CAN 9 XAP Ret 3º 47 Lotus ARX 1 BRA 4 RSA 7 USW 2 MON 11 BEL 1 ESP 1 SUE Ret FRA 1 RU Ret ALE 1 AUT Ret HOL 1 ITA 6 USA Ret CAN 10 1º 64 Lotus ARXG 5 BRA Ret RSA 4 USW 4 ESP 3 BEL Ret MON Ret FRA Ret RU Ret ALE Ret AUT Ret HOL Ret ITA 5 CAN 10 USA Ret 12º 14 Lotus ARX Ret BRA Ret RSA 12 USW Ret BEL Ret MON 7 FRA Ret RU Ret ALE 7 AUT Ret HOL 8 ITA Ret CAN Ret USA 6 20º 1 Alfa Romeo USW 4 BRA Ret ARXG 8 SMR Ret BEL 10 MON Ret ESP 8 FRA 8 RU Ret ALE 9 AUT Ret HOL Ret ITA Ret CAN 7 LVG Ret 17º 3 Williams RSA NP BRA NP USW Ret SMR NP BEL NP MON NP USA NP CAN NP HOL NP RU NP FRA NP ALE NP AUT NP SUI NP 19º 4 Ferrari ITA 3 LVG Ret
Resultados nas 24 Horas de Le Mans Ano Clase Nº Pneumáticos Coche Equipo Compañeiro Voltas Posición Final ClasePosición na súa clase 1966 P+5.0 6 Ford GT40 Mk.IIFord 7.0L V8 Holman & Moody Lucien Bianchi 97 Ret Ret 1967 P+5.0 3 Ford GT40 Mk.IVFord 7.0L V8 Holman Moody|Holman & Moody Lucien Bianchi 188 Ret Ret 1983 C 21 Porsche 956Porsche Tipo-935 2.6L Turbo Flat-6 Porsche Kremer Racing Michael Andretti Philippe Alliot 364 3° 3° 1988 C1 19 Porsche 962CPorsche Type-935 3.0L Turbo Flat-6 Porsche AG Michael Andretti John Andretti 375 6° 6° 1995 WSC 13 Courage C34Porsche Tipo-935 3.0L Turbo Flat-6 Courage Compétition Bob Wollek Eric Hélary 297 2° 1° 1996 LMP1 4 Courage C36Porsche Tipo-935 3.0L Turbo Flat-6 Courage Compétition Jan Lammers Derek Warwick 315 13° 3° 1997 LMP 9 Courage Compétition C36Porsche Type-935 3.0L Turbo Flat-6 Courage Compétition Michael Andretti Olivier Grouillard 197 Ret Ret 2000 LMP900 11 Panoz LMP-1 Roadster-SÉlan 6L8 6.0L V8 Panoz Motorsports David Brabham Jan Magnussen 315 15° 8°
Resultados na CART/IndyCar World Series Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Posición Final Puntos 1979 Team Penske Penske PC-6 Ford Cosworth TCPHXATL1ATL2INDTRE1TRE2MIS1MIS2WGLTRE3ONT3MIS3NTSATL3PHX2 11°700 1980 Team Penske Penske PC-9 Ford CosworthONTIND20MILPOC17MDOMIS1WGLMILONT2MIS21MEXPHX2 16°580 1981 Patrick Racing Wildcat Ford Cosworth TCPHX111MIL13ATL13ATL22MISRIVMIL2MIS22WGL16MEXPHX24 11°81 1982 Patrick Racing Wildcat 8B Ford CosworthPHX12ATL11MIL19CLE2MIS12MIL23POC14RIV23ROA14MIS22PHX23 3°188 1983 Newman/Haas Lola T-700 Ford Cosworth TCATL5IND23MIL18CLE14MIS13ROA1POC7RIV16MDO2MIS24CEA1LAG2PHX2 3°133 1984 Newman/Haas Lola T800 Ford CosworthLGB1PHX120IND17MIL8POR26MEA1CLE21MIS11ROA1POC19MDO1SAN7MIS21PHX12LAG2CEA2 1°176 1985 Newman/Haas Lola T900 Ford CosworthLGB1IND2MIL1POR1MEA26CLE14MIS110NTSPOC7MDO7SAN15MIS221LAG11PHX3MIA27 5°114 1986 Newman/Haas Lola T8600 Ford Cosworth TCPHX17LGB5IND32MIL5POR1MEA24CLE3TOR3MIS121POC1MDO24SAN8MIS210ROA9LAG4PHX24MIA115°136 1987 Newman/Haas Lola T8700 Chevy ALGB1PHX5IND9MIL17POR10MEA2CLE10TOR15MIS19POC19ROA1MDO17NAZ19LAG17MIA4 6°100 1988 Newman/Haas Lola T8800 Chevy APHX1LGB15IND20MIL17POR5CLE1TOR25MEA2MIS12POC17MDO2ROA3NAZ3LAG3MIA15 5°126 1989 Newman/Haas Lola T8900 Chevy APHX8LGB18IND4MIL7DET3POR25CLE2MEA20TOR26MIS3POC5MDO7ROA7NAZ8LAG2 6°110 1990 Newman/Haas Lola T9000 Chevy APHX4LGB5IND27MIL21DET25POR2CLE4MEA24TOR6MIS3DEN4VAN3}MDO2ROA5NAZ4LAG26 7° 136 1991 Newman/Haas Lola T9100 Chevy ASUR17LGB19PHX9IND7MIL3DET7POR5CLE6MEA15TOR2MIS4DEN15VAN4MDO7ROA3NAZ5LAG3 7° 132 1992 Newman/Haas Lola T9200 Ford XBSUR7PHX17LGB23IND23DET POR6MIL6NHA7TOR4MIS15CLE5ROA5VAN6MDO5NAZ5LAG2 6° 105 1993 Newman/Haas Lola T9300 Ford XBSUR4PHX1LGB18IND5MIL18DET3POR6CLE5TOR8MIS2NHA20ROA15VAN5MDO7NAZ13LAG9 6° 117 1994 Newman/Haas Lola T9400 Ford XBSUR3PHX21LGB5IND32MIL14DET18POR9CLE27TOR4MIS18MDO10NHA19VAN11ROA16NAZ25LAG19 14° 45
Total: 1 Campionato, 19 vitorias
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Mario Andretti Official Web Site Andretti Family Official Web Site Andretti Winery
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de March Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Parnelli Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alfa Romeo